|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Apresentación
do CD "Froita Madura" do Coro Lonxe da Terra de
Barcelona
Redacción,
25 de maio
2005. O
Coro Lonxe da Terra, decano dunha tradición coral que se
remonta uns oitenta anos atrás, na longa historia da
emigración galega en Cataluña, presenta hoxe esta
froita madura, cultivada con esmero durante xornadas de
esforzo colectivo, coa pretensión de aportar á
posteridade un producto do seu tempo.
Será
o domingo,
29 de maio de 2005, ás 19:30 h. no Centro Galego de
Barcelona.
O
Coro Lonxe da Terra, decano dunha tradición coral que se
remonta uns oitenta anos atrás, na longa historia da
emigración galega en Cataluña, presenta hoxe esta
froita madura, cultivada con esmero durante xornadas de
esforzo colectivo, coa pretensión de aportar á
posteridade un producto do seu tempo.
Hai
neste traballo diferentes bloques temáticos: Terra (1 a
5), Mar (7 a 10), Ar (6 e 15), Alén (11 a 14),
nos que inserimos, por unha banda, cinco obras do músico
Ángel Barja (Ourense, 1938 - León, 1987), como
modesta homenaxe a este magno compositor. Quixemos tamén
prestarlle especial atención ás cantigas dos nosos
trobadores medievais, das que ofrecemos cinco mostras, agrupadas
en dúas modalidades: cantigas de terra adentro (1 e 2; con
obras de Xohán de Requeixo e Don Dionís) e cantigas
do mar (8 a 10; con obras de Martín codax e Mendinho).
Para adentrármonos nestas últimas, engadimos a xeito
de introducción unha obra (7) do mestre Roxelio Groba.
O
derradeiro cadro fórmano tres versións de obras de
alén nós (12 a 14; con arranxos corais sobre obras
de Lennon/McCartney, James Hudson/Robert Sund, e un Espiritual
negro). Cara a elas imos saíndo pola banda dos Ancares da
man dunha peza tradicional raiana de Galicia, León e
Asturias (11) que presentamos apoiada nun sinxelo murmurio de
voces para mellor deixar ir toda a beleza arcaica da monodia
popular. E xa, por fin, voltamos definitivamente á
Terra ó lombo dunha pomba, “brincando no ar”
(15).
Dúas das obras (7 e 13), gravadas no pasado,
durante a celebración de senllas edicións da
Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, están incluídas
no CD como recoñecemento a todos aqueles que dalgún
xeito contribuíron a que este evento se celebrase durante
anos nun clima de fraternidade, vontade de rigor artístico
e orgullo galeguista.
As imaxes que ilustran o libreto que
acompaña ó disco foron realizadas polo pintor noiés
Alfonso Costa e mailo fotógrafo Fco. Javier Alonso
Peláez.
Esta homenaxe a Ángel Barja culmina
unha serie catalana que comezou o día
27 de maio de 2000, no Auditorio Enric Granados de Lleida
coa celebración da IV Xuntanza de Coros Galegos de
Catalunya, na que tódolos coros participantes
interpretaban obras do compositor. A este
respecto cómpre mencionar tamén a edición en
xullo de 2004, do CD León, por ti da Coral Virgen
del Camino, de Barcelona, dedicado a Barja.
Historia
do coro
Fundado no 1934, baixo a
batuta do Mestre Antonio Castells. En principio o coro
estaba integrado tamén polos corpos de baile e gaitas,
anque, a medida que pasaron os anos, estes grupos fóronse
independizando. Posteriormente sucedéronse 10 directores,
ata chegar ó actual, César del Caño.
Entre
as súas moitas actuacións podemos
destacar as seguintes:
TEATRE DEL LICEU
(Barcelona) Coros e Bailes
de MARUXA, 1978 PALAU DE LA MÚSICA
(Barcelona), 1959 e 1981
Ten editados,
un disco de longa duración con cántigas tradicionais
galegas: Cantares da miña terra,
1978. Dir.: Joan Martínez Pedra, un disco sinxelo de
Habaneras: La Habanera en el folklore
gallego, 1972. Dir.: José Ledo Suárez e a
banda sonora da película Niebla al sol, 1951
Dende
o ano 1997 participa na organización da
Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, como membro da
Coordinadora Coral Galega de Catalunya.
ANGEL
BARJA IGLESIAS
Santa Cruz de Terroso (Ourense), 5 de
outubro de 1938 – León, 12 de febreiro de
1987
Considerado como o compositor galego máis
universal.
Realizou estudios de Filosofía,
Psicoloxía e Teoloxía en Valladolid.
En 1954
comeza a súa actividade como compositor de música
coral. En 1967 viaxa a Italia, Suiza e Austria para ampliar
coñecementos musicais. En Roma toma contacto cos
movementos de vangarda, especialmente a “ Nuova
Consonanza”. Profesor de Música, Literatura e
Francés no Escorial e Astorga. En 1972 instálase
en León como director da Capilla Clásica e
profesor do Conservatorio. Articulista habitual en xornais e
revistas; conferencias, cursos, asesoramentos…
É
frecuentemente xurado de certames corais e de composición.
Estrea
diversas obras de encargo en distintos lugares, especialmente no
Festival Internacional de Santander, con intérpretes como
The Scholars, Coul String Quartet, Cuarteto
Janacek de Praga, Solistas da BBC de Londres, ademais
de outros intérpretes españois e alemáns como
Helmut Erb, Azcue, Pedro Espinosa, Coro Nacional, etc.
Músico
de sólida formación con máis de quinientas
obras. Escribiu música sinfónica, de cámara,
para piano, para órgano e máis de douscentos títulos
de música coral e vocal en castelán, francés,
italiano, latín, galego, catalán e euskera.
Coa
Capilla Clásica de León deu, ó longo
de catorce anos, máis de douscentos concertos;
para ela escribiu moitas obras, gran parte gravadas en
disco.
Realizou diversos traballos musicolóxicos,
especialmente transcricións de música barroca
española. Becado, por concurso nacional, pola Diputación
Provincial de León, para a investigación e
realización do Cancionero popular tradicional en
equipo con Miguel Manzano.
Entre os numerosos premios
obtidos destacan:
1972:
Premio nacional de composición, e Premio internacional de
composición.
1981:
Premio internacional de composición.
1982:
Premio Cristóbal Halfter.
1984:
Premio nacional de composición.
1985:
Premio internacional da Real Academia de bellas artes de
Granada.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|