|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Quintana
afirma que Galiza quer liderazgo e comprométese a que o
teña co Novo Estatuto
Redacción
24 de xaneiro 2006
O portavoz nacional
do BNG e o presidente do PPdeG coinciden en que para ter autonomía
política é necesario que haxa autonomía
financeira. Quintana e Nuñez Feijoo mantiveron esta tarde o
primeiro encontro para falar da reforma do estatuto.
O
Vicepresidente do goberno galego e portavoz nacional do BNG, Anxo
Quintana comprometeuse esta tarde a contribuír para que
Galiza teña liderazgo, porque segundo dixo, “é
o que reclaman os galegos”. Segundo o Vicepresidente da
Xunta, os cidadáns queren que os responsables políticos
lideren un proceso de unidade. Por iso, comprometeuse a poñer
todo da súa parte para que esa unidade sexa real e
efectiva. Neste senso, sinalou que o encontro mantido esta tarde
co presidente do PPdeG, Núñez Feijoo, para falar da
reforma do estatuto, enmárcase nesta liña e
contribúe a facer posible a consecución deste
liderazgo.
Para Quintana a reunión co líder
do PPdeG significa un “ bo paso” para acadar unha
normalidade política en Galiza, xa que segundo manifestou”
as forzas políticas teñen que falar entre si
buscando puntos de acordo e non de división.É
evidente que somos dúas forzas políticas distintas e
por iso o diálogo é aínda máis
necesario”. O Vicepresidente sinalou que este diálogo
é especialmente necesario no momento histórico que
estamos vivindo, que só se pode comparar co acontecido hai
xa vinte anos. É necesario o diálogo e a unidade
porque Galiza, dixo, ten que ser a “protagonista” na
política estatal.
Segundo sinalou o Vicepresidente
da Xunta, Galiza pode ter peso político no estado e facer
valer as súas posicións, “se hai unidade de
actuación, se definimos as cuestións que son
necesarias para Galiza sen complexos e as definimos
conxuntamente”. Por ese camiño, sinalou Quintana,
Galiza vai acadar resultados moi positivos.
Novo estatuto O
Vicepresidente da Xunta expúxolle ao líder do PPdeG
os catro ámbitos de traballo para acadar o novo estatuto
que Galiza se merece. En primeiro lugar, dixo, hai que conseguir
que Galiza teña un recoñecemento nacional. “Neste
momento no que outras comunidades van ter ese recoñecemento
nacional, Galiza non pode perder estatus”.
Para o
Vicepresidente da Xunta é tamén fundamental que haxa
un novo marco competencial ambicioso, xa que “ cantas máis
competencias teñamos haberá máis posibilidade
de xerar benestar para os cidadáns”. Anxo Quintana
sinalou que neste punto hai un “bo marco para o acordo, o
entendemento e o diálogo”, aínda que se parta
de posturas diferentes.
Para poder exercer esas
competencias con garantías, o Vicepresidente sinalou que é
preciso ter un marco financeiro propio porque “ non hai
autonomía política sen autonomía financeira”
. Neste senso, Quintana sinalou que “ non podemos
compararnos cos demais, xa que Galiza ten que falar por si mesma”.
Neste aspecto, destacou que “ canta máis unanimidade
haxa, máis posibilidades haberá de sacar adiante
este proxecto”.
Finalmente, Anxo Quintana sinalou que
hai que aproveitar este momento para deseñar unha “folla
de ruta” para que o estado pague a débeda histórica
que ten con Galiza. É o momento, dixo, de “marcar
prazos e definir como se vai saldar esa débeda”.
Segundo
o Vicepresidente, o encontro desta tarde, serve para definir un
ámbito de traballo moi interesante para o país, un
ámbito de traballo sinalou “que debe estar composto
por todas as forzas políticas e ten que ter como
protagonista ao Parlamento galego”. Neste senso, sinalou que
espera que en febreiro se poda empezar a escenificar este ámbito
de traballo.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|