Publicidade
Contacto
|
*Galiza Nova reclama ao Alcalde de Betanzos que cumpra cun acordo plenario e retire os nomes franquistas do rueiro
Redacción 24 de outubro de 2006 Con motivo dunhas xornadas pola recuperación da Memoria Histórica
coorganizadas polo Concello, Galiza Nova reclama ao alcalde o a retirada
do rueiro dos nomes de persoeiros do franquismo e a Medalla de Ouro da
Cidade e o título de Fillo Adoptivo a Franco.
A demanda de Galiza Nova
foi recollida polo BNG, que levou a Pleno a moción en marzo de 2005.
Daquela a iniciativa resultou aprobada cos votos a favor da coalición de
goberno, a abstención de seis dos sete edís do PP e o voto en contra do
último dos concelleiros conservadores. No debate da moción a voceira do
PP equiparara ás víctimas da represión cos alzados, insinuando que había
no rueiro xente que tiña responsabilidades directas na guerra civil, en
alusión a Castelao, Bóveda e aos alcaldes e concelleiros asasinados polos
golpistas no inicio da contenda.
Máis dun ano despois, e co acordo plenario obviado, o portavoz dos mozos
e mozas de Galiza Nova en Betanzos, Henrique del Río, afirmou onte que
“coma remate a estes actos en torno á Memoria Histórica o alcalde ben
podía plantexar ao pleno ordinario deste mes renomear as rúas que
recordan a pro-homes do franquismo e dar así cumprimento ao acordo
plenario” para rendir “a mellor das homenaxes aos represaliados e
asasinados”.
Para a Direción Local das mocidades nacionalistas, reunida na tarde do domingo, a razón do incumprimento radica no feito de que “o PSOE deu o seu
voto favorábel á moción coma un xesto de esquerdas cara a galería e sen
intención real de cumprilo”. E reclaman o cumprimento do acordo do Pleno
do Concello “por resposabilidade e seriedade ante os acordos tomados
validamente no Pleno, pero sobre todo por respecto e recoñecemento aos
represaliados polo franquismo” no transcurso do declarado Ano da Memoria.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|