|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Campaña
polo tren de cercanías en Betanzos
Redacción
24 de
outubro 2005 A Asemblea Local
de Galiza
Nova
de Betanzos está a desenvolver unha campaña
reivindicativa e informativa en prol do establecemento dun servizo
de cercanías na liña férrea
Coruña-Betanzos-Ferrol, un servizo ferroviario que achegue
á mocidade e ao común da poboación da comarca
das Mariñas aos seus centros de estudo e aos seus postos de
traballo ao longo do corredor ferroviario
Coruña-Betanzos-Ferrol.
A
presenza do infrautilizado apeadeiro de Elviña no campus
coruñés e o elevado número de mozas e mozos
da bisbarra das Mariñas que estuda nos diversos centros de
Coruña e Ferrol (en estudos universitarios, ciclos
superiores, conservatorio e demais) é o detonante da
campaña, toda vez que a saturación do transporte por
estrada evidencia o illamento de Betanzos e a súa comarca a
respeito da Coruña ou Ferrol no que a transportes públicos
atinxe e non garante a rapidez suficiente nas conexións. Un
ferrocarril metropolitano, un
servizo de cercanías neste corredor Coruña-Betanzos-Ferrol
serviría para todos os estudantes que precisan desprazarse
e tamén para todos os cidadáns que teñan que
desenvolver xestións, trámites ou traballar nos
arredores deste corredor.
A campaña, baixo o rótulo
evidente de “Tren de cercanías XA”
desenvólvese ao abeiro dunha campaña
emprendida por Galiza Nova da comarca da Coruña en prol
dunha mellora substancial do Plano de Transporte Comarcal aprobado
nos derradeiros compases do Governo Fraga e terá
continuidade ao longo dos vindeiros meses a través de
diferentes actividades, entre as que se inclúe a edición
de cartaces, folletos e colantes ou varias iniciativas
parlamentares nos foros onde o BNG conta con
representación.
Podedes pedir máis
información en betanzos@galizanova.org
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|