ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana tilda de “letal” a política economica do PP e anuncia que sustituirá as subvencións por unhas contas públicas saneadas como instrumento de apoio aos sectores produtivos


Redacción, 24 de maio 2005. Hai que liberar á empresa e aos emprendedores da burocracia e do clientelismo” e apostar pola innovación e o emprego de calidade.

O portavoz nacional do
BNG e candidato á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana
, cualificou de “veneno letal” a política económica aplicada polo Goberno do PP, que ten que ser superada “de inmediato” por outra que sustitúa “a subvención e o clientelismo” por unhas contas públicas saneadas e transparentes que sirvan como instrumento de apoio ao sectores produtivos.

A política económica do PP é un veneno letal para os emprendedores e para a economía galega, un veneno letal do que temos que prescindir, que temos que superar con inmediatez pare liberar aos emprendedores e a economía galega do papeleo, da burocracia e do clientelismo”, salientou Quintana ao inicio dun acto co empresariado máis representantivo de Pontevedra, que tamén contou coa presenza do alcalde, Miguel A. Fernández Lores, a cabeza de lista, Carme Adan e número tres da candidatura Carme Da Silva.

Tres eixos de actuación económica

O candidato nacionalista explicou cales serán os tres eixos de actuación da política económica que o BNG quere desenvolver dende  a Xunta. Primeiro, “contas públicas saneadas e transparentes”. Segundo, apoio decidido á economía produtiva, e terceiro, aplicación de criterios modernos da economía que se plasmará na creación dun departamento de calidade.

Quintana foi contundente ao asegurar que o crecemento económico e do emprego “non se vai acadar a base de subvencións”, senón cunha política de complicidade coa empresa, baseada na ecuación “educación, investigación e innovación”.

Programa Galiza emprendedora 2009

O líder nacionalista subliñou o papel de dinamización económica dos emprendedores/as, “capaces de xerar proxectos innovadores, incluso camiñando sós, sen o apoio do Goberno”. Un aspecto que Quintana se compromete a corrixir, e xa anunciou a criazón do programa Galiza emprendedora 2009, que conlevará a criazón da sociedade pública ad hoc “que permita vehiculizar” todo o apoio da Administración.

Igualmente, considerar aos emprendedores/as como unha oportunidade, e os recursos a eles adicados “como investimento, non como gasto” e estabelecer mecanismos de apoio aos emprendedores e aos autónomos coa criazón dunha carta de servizos “que permita desenvolver a súas actividades con calidade”.

ENCE, diálogo e firmeza nos obxectivos

A preguntas dos xornalistas, Quintana salientou que a postura do BNG en relación a ENCE “é moi clara dende hai moito tempo, e mantense haxa eleccións ou non haxa eleccións”, e baséase en tres aspectos, explicou: cumprir a legalidade, “fundamental nunha sociedade democrática e hai un tope para a permanencia de ENCE que todos debemos cumplir”, nova ubicación empresarial para a papeleira, “importante para Galiza, pero fóra da Ría” e, terceiro, “determinación, firmeza e diálogo pola miña parte”.

Para cumprir estes obxectivos, recalcou, “diálogo sempre”. “Primeiro os obxectivos e despois os instrumentos, non poñamos antes os instrumentos cos obxectivos porque podemos chegar a ningunha parte, e o diálogo e un instrumento para acadar un obxectivo: que ENCE, cumprindo a legalidade, saia da Ría de Pontevedra, e se ubique noutra parte”.


Voltar a novas

Ver anteriores