ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*A festa galega do 25 de Abril celébrase en Compostela

Redacción 24 de abril 2006 É xa tradicional celebrar o 25 de abril na cidade de Santiago de Compostela. Un grupo de persoas xuntanse na Casa das Crechas para lembrar aquela data arredor das músicas máis emblemáticas daqueles tempos. Este ano contamos coa colaboración da Sala Nasa para permitir un maior aforo e participación. Zeca Medeiros, (Açores) Uxía Senlle e Banda das Crechas que convidará a distintos artistas de Galiza e Portugal actuarán este martes, 25 de abril ás 22:00 na Sala Nasa ao pezo de 8 € rematando coa interpretación por parte de todos os participantes de “Grândola Vila Morena”.

Pero non é unha celebración nostálxica porque din, os organizadores da festa, que “ainda hoxe está vixente para nós o espíritu daquela fermosa revolución e consideramos que é unha maneira de facer patente a simpatía e a proximidade con Portugal”. “Este ano temos a inmensa sorte de poder contar con Zeca Medeiros (Açores) que traerá das súas illas todo o sabor da cultura atlántica e as súas máis recentes composicións. Tamén contaremos cunha das voces máis fermosas de Galiza e unha persoa intimamente ligada á Casa das Crechas: Uxía Senlle”. A festa seguirá coa Banda das Crechas que convidará a distintos artistas de Galiza e Portugal e rematará coa interpretación por parte de todos os participantes de “Grândola Vila Morena”.

Para máis información:
info@casadascrechas.com
www.culturacrecha.com
www.casadascrechas.com
www.salanasa.com




Voltar a novas

Ver anteriores