ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Despedido por pegar carteis da CIG

Redacción 24 de marzo 2006
Dende a CIG de Banca denuncian que un traballador da empresa Centro de Atención de Llamadas, S.A. foi despedido en Ourense despois de que pegase no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG convocando unha Asemblea.

Na carta recibida por este traballador, que presenta unha discapacidade, se indica que o motivo de despedimento sería unha “baixada voluntaria do rendemento” e na mesma carta recoñecen o despedimento como improcedente optando a empresa pola indemnización.

A versión da CIG-Banca é outra e denuncian que se trata dun despido que vulnera a liberdade sindical. Hai unha causa efecto clara, pegouse un cartel convocando unha Asemblea de Traballadores/as para analizar a situación laboral na empresa e o traballador foi despedido.


Para a central nacionalista a empresa só quería que non tivera lugar a Asemblea para evitar que se chegase a coñecer a precaria situación laboral que padecen os traballadores/as. E para evitar que puideran ter unha representación sindical comprometida coa defensa dos seus dereitos. E anunciaron inminentes mobilizacións para pedir a readmisión do despedido.

Esta empresa coñecida comercialmente como Call Center é un centro especial de emprego. Pertence ao Grupo Empresarial Netaccede do empresario Marcelino Otero López que ten sede en Vigo. Participan tamén no Call Center e teñen presenza no Consello de Administración COGAMI e Caixanova.


Voltar a novas

Ver anteriores