ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Xosé Zapata, produtor de “A casa da miña avoa” destaca a exemplaridade de Play-Doc

Redacción 24 de marzo 2006 O próximo 7 de abril chegará aos cines españois a “A Casa da miña avoa”, unha longametraxe documental dirixida por Adan Aliaga e producida por IBE cinema que este mércores foi presentada en Play-Doc, o II Festival Internacional de documentais de Tui, dentro da sección oficial Atlántico.

O seu produtor  Xosé Zapata explicaba en rolda de prensa onte pola mañá a especial vinculación da empresa co mundo documental e que no caso concreto de “A Casa da miña avoa” foi un paso máis nos traballos que están a realizar vinculados a Galiza ao tratase dunha longametraxe e pola promoción internacional que está  ter. Aínda que o director é valenciano e a historia transcorre en Valencia, a tradición popular e a idiosincrasia que amosa ten moito que ver coa galega, segundo Zapata
.

Este documental foi xa premiado o ano pasado en Amsterdam e vén de recibir nos últimos días mencións especiais nos festivais de Miami e Chicago. Logo de estar en Play-Doc continuará a súa andaina nos festivais de Oslo, Tesalónica, Tel Aviv, Nueva York, Toronto, Guadalajara-Mexico, Seul e Sidnye.

Xosé Zapata, con ampla experiencia en festivais internacionais, destacou que “Play-Doc é un festival exemplar” destacando que “o nivel deste festival é moi interesante e máis tendo en conta que é a súa segunda edición” e engadindo que “o nivel de profesionalidade que destila é bastante impresionante”.

Tamén destacou Xosé Zapata que o rexurdimento do documentalismo no Estado español está a interesar moito en Europa “por iso en Amsterdam nos premiaron como bandeira do documental do Estado español” e engadiu que “A casa da miña avoa” está a ser unha referencia o que contribúe a que “o cine do Estado español sexa recoñecido fora e teña un prestixo fora do que é Almodovar”. Por todo isto concluía que “play-Doc dentro do rexurdir do documental no Estado español é imprescindíbel para que o público se achegue a estas obras”. Indicaba tamén Xosé Zapata que ao tratarse dun dos poucos festivais especializados en documentais “se o fai ben e ten o apoio das institucións está chamado a ser un éxito, consolidarse e lograr repercusión internacional”.


Voltar a novas

Ver anteriores