|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG defende no Estatuto a creación do Instituto de Galiza
como órgano de promoción e defensa da cultura e a
lingua
Redacción
24 de marzo 2006 O
texto articulado de Estatuto proposto polo BNG estabelece a
creación dun Instituto de Galiza, “Institución
suprema de defensa, promoción e representación da
cultura e da lingua galega. Nel intégranse o Consello da
Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Fondo Cultural Galego e
outras entidades que a lei determine”.
Así
llelo transmitiron a pasada tarde Luís Barcia, secretario
de Finanzas da Executiva do BNG e Xosé Ramón Paz
Antón, deputado responsábel de cultura no Parlamento
galego, á Asociación de Escritores en Lingua Galega
(AELG).
Os
representantes do BNG convidaron aos escritores a comparecer ante
a Comisión que elabore o texto definitivo do novo Estatuto
para facer as súas propostas. Henrique Rabuñal,
membro da directiva da AELG e vogal da Coruña-Ferrol,
agradeceu especialmente esta proposta.
O Estatuto do BNG
tamén defende, en materia lingüística, que “o
galego é a lingua propia e oficial de Galiza, todos os
cidadáns teñen a obriga de coñecelo e o
dereito a usalo”. Así mesmo, será a lingua dos
Concellos e da Administración autonómica.
En
canto ao ensino, será tamén oficial, procedéndose
á súa progresiva implantación como lingua
vehicular. O Estatuto que propón o BNG recolle, en
definitiva, a total equiparación en dereitos e deberes
entre galego e español.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|