ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*O SEDA apresentará a primeira curta galega de cine X “Pallas Mentais”

Redacción 24 de marzo 2006 O Salón Erótico do Atlántico, SEDA que se celebrará do 30 de marzo ao 2 de abril en Fexdega (Vilagarcía de Arousa), manterá unha intensa actividade ademais dos intercambios económicos entre profesionais no área de exposición. Fernando Fernández e a protagonista da cinta Alba Sanz, farán a apresentación da primeira curta X feita en Galiza.

D
urante os 4 días que dura o salón medio centenar de artistas participarán en preto de 200 espectáculos coa filosofía “non stop”, é dicir, os espectáculos celebraranse continuamente desde a apertura ao peche da feira, cunha programación anunciada de antemán.

Nos shows eróticos haberá 25 pases diarios e dous concertos da sección “Rock and Sex” co grupo “Porno Band” do productor e actor Conrad Son o que supoñen 75 shows e 6 concertos. Polo que respecta aos espectáculos X no escenario “XSHOW” haberá 10 pases diarios de tres shows diferentes ata completar 108 no total da feira. Ademais, a empresa galega “Pigmalion” apresentará ao longo dos catro días diferentes espectáculos de produción propia.

Polo que respecta ao cine, baixo o título “SESION TRIPLA” haberá tres sesións diaria triplas coa presentación de dúas películas eróticas e 2 máis X, ademais da curta galega “Pallas Mentais”. Na área erótica estará “Laura está soa” e a estrea mundial de “O mar non é azul”. Na zona X será o estreo no Estado español de “Mike action” e “A enfermeira malvada” coa presenza das súas estrelas, Dora Venter e María Belucci.

Entre as actividades paralelas atópase “A avenida das estrelas” coa presenza de Lena Gasol, Evita de Luna, Dora Venter, Maria Belucci, Leticia Bruni, Carmen Vera, Yuli e Minerva Pons, na que as artistas asinaran autógrafos aos seus admiradores e admiradoras.

Ademais créase o “Foto Set” unha zona na que, quen o desexe poderá fotografarse ou filmarse en video, totalmente gratis con algunha das estrelas invitadas.


Presentación da primeira curta X galego
Outra das novidades será a presentación da primeira curta X feita en Galiza. “Pallas Mentais” estará presentada polo seu director Fernando Fernández e a protagonista da cinta Alba Sanz.

Como charlas divulgativas, celebrarase un cineforum coa participación de Conrad Son, director artístico da feira e Evita de Luna, imaxe oficial de SEDA na que se abordará o tema: “A sexualidade actual da muller” e na que se pasará a película “Laura está soa”. Posteriormente celebrarase un coloquio sobre este tema cos e coas protagonistas.

Non será a única conferencia xa que está previsto un coloquio coa actriz e modelo Lena Gasol, sobre o tema “A muller como modelo”.


Making Off
Como novidade, o realizador Rubén Dos Santos, gravará unha reportaxe sobre o interior do SEDA, un “Making Off” onde se recollerá todo o que suceda durante os catro días no salón. A intención é utilizalo como material promocional do salón no estranxeiro, de cara a futuras edicións.

Outra das actividades será a exposición de fotografía erótica realizada en branco e negro por un fotógrafo da axencia Reuter.


Casting
Outra novidade presente no SEDA será a realización dun casting para atopar novos talentos (homes e mulleres) para o cine erótico e X. Con este motivo tanto o venres coma o sábado (31 e 1) recolleranse solicitudes para presentarse ao casting. O mesmo terá lugar o domingo 2 de abril ás 20 h. no propio salón. Os interesados e interesadas deberán presentar na área seleccionada para tal fin os seus datos persoais e unha foto de busto e outra de corpo enteiro espido/a.

Voltar a novas

Ver anteriores