ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Un libro da galega OQO Editora, recibe unha mención especial nunha selección dos mellores libros para nenos e nenas de todo o mundo


Redacción 24 de marzo 2006 A cousa que máis doe do mundo foi incluído cunha “Special mention” dentro do catálogo WHITE RAVENS que se presentará na Feira do Libro Infantil de Bologna.

A cousa que máis doe do mundo, un conto popular de Costa de Marfil adaptado por Paco Liván, ilustrado por Roger Olmos e editado pola galega OQO, ven de ser seleccionado cunha “MENCIÓN ESPECIAL POLA SÚA CALIDADE LITERARIA E GRÁFICA” no catálogo e na exposición dos WHITE RAVENS, unha iniciativa coa que a Internationale Jugend Bibliotek (IJB) de Munich escolle os mellores libros infantís e xuvenís de todo o mundo.


A IJB presentará esta selección no transcurso da Feira do Libro Infantil de Bologna que se celebrará na cidade italiana entre o 27 e o 30 de marzo.

A IJB é unha institución alemá que se dedica ao estudio e divulgación da Literatura Infantil e Xuvenil de todo o mundo. Este ano, seleccionou un total de 250 libros de 32 idiomas e 47 países.

A cousa que máis doe do mundo é unha adaptación para os máis pequenos dun conto da tradición oral de Costa de Marfil, na que unha lebre acaba demostrándolle a unha hiena que a mentira é a cousa que máis doe no mundo, hipótese vai ser demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.

Nesta feira internacional, OQO Editora terá stand propio, no que estará expostas as 18 obras que a editora pontevedresa ten editado desde o seu nacemento, en xullo do 2005. Nestes sete meses de andaina, OQO ten botado a andar tres coleccións de literatura infantil e xuvenil, que abranguen sectores de idade de entre os 4 aos 16 anos: O, Q e FOQO.

Así mesmo, para o día 2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, OQO presentará as seguintes novidades:

MR CORVO, un conto popular turco adaptado por Luisa Morandeira e ilustrado por Maurizio A. C. Quarello
COCORICO, un conto popular turco adaptado por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch
O SEGREDO DO REI CURRO, un conto baseado no mito do Rei Midas, adaptado por Patacrúa e ilustrado por Sergio Mora
PEDRA, PALLA, PAU, un conto popular ruso adaptado por Ana Presunto e ilustrado por Josep Rodés.

Máis información en: www.OQO.es.


Voltar a novas

Ver anteriores