ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
O Goberno de Ecuador suspende cun bando militar as liberdades civís na Amazonía


Redacción, 23 de agosto
2005 Mediante bando militar, en aplicación do estado de emerxencia, o Goberno do Presidente Alfredo Palacio, quitou aos habitantes das provincias de Sucumbíos e Orellana (na Amazonía ecuatoriana), a liberdade de pensamento, opinión e expresión, xunto á reestrición de outras liberdades públicas. Esta decisión foi tomada en resposta a protesta contra as petroleiras extranxeiras que manteñen dende hai varios días os habitantes das provincias afectadas.

A protesta contra as petroleiras extranxeiras que operan nesa zona de Ecuador está poñendo en apuros ao Goberno, pois a producción está totalmente paralisada e xa se fixo público o anuncio de petición dun préstamo de crú á Venezuela para cumprir coas exportacións, así como a petición ao Fondo Latinoamericano de Reservas (FLAR) de 400 millóns de dólares para facer fronte ás perdas orixinadas polas protestas.

Reproducimos a continuación o bando militar emitido o pasado día 19:

Mediante comunicación recibida recentemente, o Xeneral de Brigada Gonzalo Meza, comandante da IV División de Exercito "Amazonas" fai coñecer que: "Na súa calidade de Comandante da Forza de Tarefa Conxunta No. 4, que en uso das súas atribucións extraordinarias conferidas nol decreto de emerxencia, asume as responsabilidades como máxima autoridade nas xurisdicións precitadas, para facer cumprir a Constitución, as leis e o ordenamento xurídico legalmente constituido.

Dando estricto cumprimento por todos os medios e as faculdades extraordinarias conferidas polo Presidente da República na declaratoria do estado de emerxencia, dispón:

a. O toque de queda nas provincias de Sucumbíos e Orellana a partir das 22h00 até as 05h30.

b. A prohibición da venda e consumo de bebidas alcolicas durante a vixencia do estado de emerxencia.

c. A prohibición de portar armas, municións e explosivos.

d. Non incorrer nos delictos relacionados co medio ambiente.

e. Suspender o dereito á liberdade de opinión e de expresión do pensamento en todas as súas formas a través de calquera medio de comunicación.

f. Suspender a inviolabilidade de domicilio.

g. Suspender o dereito a transitar libremente polas provincias de Sucumbíos e Orellana.

h. Suspender a liberdade de asociación e de reunións, con fins pacíficos.

i. As autoridades dos gobernos seccionais das provincias de Sucumbíos e Orellana, incorporen en forma inmediata ao persoal ás labores normais nas súas respectivas dependencias.


Fonte: Axencia Walsh

Voltar a novas

Ver anteriores