ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Divertirse coa Galiza aberta ao mundo


Redacción, 23 de xullo 2005. Tres días de concertos durante os que desfrutar da riqueza das músicas do mundo; 48 horas para debater e admirar a creatividade da sociedade galega. Unha cita imprescindíbel no Día da Patria. Un 25 de Xullo alternativo para quen busca diversión e compromiso nas festas da capital de Galiza. Chega o Festigal 2005
.

A pregramación do Festigal 2005 ábrese este ano, por vez primeira, con concertos o 23 pola noite. Actuarán (o 23) Samesugas; Os Diplomáticos e Dios ke te crew. O 24 actuarán Carlos Blanco; Safari Orquestra; Presencia Zero; Expensive Soul – Portugal; La Phaze - Francia; DJ Vadim /Ninja Tune UK; e o 25 Narf; Berrogüetto; Manecas Costa - Guiné Bissau.

Mais non só con música se fai Patria, o Festigal é tamén un lugar para o debate, a cultura, asociacionismo, diversidade, esparcimento...

E lembra: todas as actuacións, a acampada, as galerías, etc. son de balde.

Pódes consultar a programación ao completo en www.festigal.com .


Voltar a novas

Ver anteriores