|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa denuncia a “arbitrariedade” da concesión
da licenza de TDT á Cadea Cope e considera que tal decisión
supón “un duro golpe para a lingua
galega”
Redacción,
23 de xullo 2005.
A Mesa
pola Normalización Lingüística critica que non
se atendese ao nivel de uso do galego á hora de conceder as
licenzas de TDT. Esta asociación considera “arbitraria”
a decisión do Goberno en funcións favorábel á
Cadea Cope, pois na práctica significa que esa non será
unha cadea de televisión privada galega, senón a
sucursal dunha televisión de ámbito
estatal.
Ademais, “resulta eticamente reprobábel
que un Goberno en funcións e sen apoio electoral nin
parlamentario tome unha decisión de tal importancia para o
futuro do país, só guiándose por criterios
partidistas”.
A
Mesa agarda que o novo Goberno procure as vías legais para
anular esta concesión e que se garanta un proceso
transparente e democrático, no cal se teña en conta
de xeito relevante o uso da lingua galega. A asociación en
defensa do galego dirixirase aos líderes do PSdG-PSOE e do
BNG para
lles transmitir as súas propostas nese sentido, ademais de
solicitar ao Valedor do Pobo que supervise esta decisión
arbitraria do Goberno en funcións.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|