ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
O Consello Nacional do BNG ratifica por unanimidade o acordo para a formación do goberno bipartito


Redacción, 23 de xullo 2005. O Consello Nacional do BNG amostrou a súa satisfacción polo contido das bases programáticas
que sustentarán tal acordo e en particular polo feito de que Galiza vaia contar apartir de agora cun Goberno que recoñoce a súa condición nacional.

O máximo órgao do BNG entre asembleas considerou tamén moi relevante que nas bases programáticas do bipartito se recoñeza a existencia da débeda histórica e se asuma o compromiso de reclamar até o 8 por cento dos investimentos contemplados polo Goberno do Estado no PEIT.

O Consello Nacional transmitiu os seus parabéns aos membros do Grupo de Traballo formado para a negociación co PSdeG-PSOE, aos integrantes da comisión negociadora –Francisco Jorquera, Ánxela Bugallo e Carlos Aymerich- e ao líder da organización, Anxo Quintana.

Na súa intervención ante o Consello Nacional, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, definiu o Novo Estatuto de Nación como unha “acción prioritaria” do Goberno bipartito nesta lexislatura.

“O programa do bipartito non é o programa do BNG nen tampouco é o programa do PSOE; é unha síntese deles, pero si contén elementos que podemos definir como claramente nacionalistas, porque o nacionalismo vai estar no Goberno do país e ese feito cabe cualificalo como un feito histórico”, dixo Quintana ao tomar a palabra no seo do Consello Nacional.

A construción dun novo marco político para Galiza, e a defensa dos seus intereses nacionais, será o argumento central da intervención que Anxo Quintana realizará o vindeiro luns, no tradicional discurso do Día da Patria Galega, na praza compostelá da Quintana, adiantou o líder do BNG.


Voltar a novas

Ver anteriores