ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*Quintana di en Vigo que “construir a Galiza do benestrar é a mellor mostra do compromiso do BNG co noso país”

Redacción 21 de xuño de 2006
Construír a Galiza do Benestar é “a mellor mostra do compromiso do BNG co noso país”, afirmou onte á trade en Vigo o portavoz nacional da formación frentista, Anxo Quintana, durante un acto celebrado no Paraninfo da Universidade e coas políticas sociais que o nacionalismo está a promover desde o Goberno galego como argumento central.

“A nosa revolución tranquila da igualdade e do benestar está a dar respostas efectivas aos problemas que importan á xente”, afirmou Quintana, para quen os galegos e as galegas ven xa con clareza que “a vía para acceder a maiores níveis de benestar é o incremento e o fortalecimento do autogoberno”. “Avanzar no autogoberno é avanzar na igualdade e no benestar”, alegou o portavoz nacional do BNG.

Para o dirixente nacionalista, as políticas de igualdade e benestar “constrúen país” e crían identidade “arredor dos valores da solidariedade, a xustiza e a cohesión social”.

A aposta do nacionalismo desde o Goberno galego é a de abrir canles á participación cívica “de todos e todas nun proxecto de país, con servizos de calidade que promovan a calidade de vida e unha maior igualdade”, acrecentou o portavoz nacional.

NOVA RELACIÓN CO ESTADO

Quintana salientou que as políticas “de igualdade e benestar” son “o campo onde podermos definir unha nova relación co Estado, de nación a nación, sen dependencias nen xerarquías”.

“Xa temos conquistado resultados prácticos através dunha relación co Estado que se estabelece en termos bilaterais, nun plano de igualdade, e que está a revertir en favor de todos os galegos e as galegas”, engadiu o líder da formación frentista.

“En materia social, Galiza comeza a contar no conxunto do Estado grazas ao recoñecemento explícito por parte do Executivo central de que tamén en materia de servizos sociais ten contraída unha débeda histórica co noso país. Esta é unha conquista indubidábel do nacionalismo galego”, declarou o portavoz nacional.

Voltar a novas

Ver anteriores