|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Francisco
Rodríguez di que Zapatero apenas defendeu en Bruxelas os
fundos estruturais, básicos para Galiza, e puxo toda a
énfase nos de coesión, dos que se soen beneficiar
Catalunya ou Madrid
Redacción,
23 de xuño 2005.
"Hoxe demóstrase a inutilidade de que o Estado español
fose o primeiro en ratificar o Tratado Constitucional
europeo".
Comparecencia no Congreso do presidente do
Goberno para dar conta da recente cimeira de Bruxelas, coa
negociación das perspectivas financeiras como argumento
central. O portavoz do BNG na Cámara Baixa, Francisco
Rodríguez, interviu para afirmar que o presidente do
Goberno puxo moito máis a énfase na defensa dos
Fondos de Cohesión, “que logo se aplican nos
territorios máis desenvolvidos, como Catalunya ou Madrid”,
do que na defensa dos estruturais, precisamente os que son básicos
para Galiza.
“Vosté,
señor presidente, mantivo unha postura pouco clarificadora
na cimeira da UE recentemente celebrada en Bruxelas. Vosté
amosou só preocupación polo futuro dos Fondos de
Cohesión e, en cambio, non se lle viu moito entusiasmo en
garantir os fundos estruturais, os que van a rexións que
aínda son consideradas obxectivo número 1, como
Galiza, que pode perder esta condición por puro efecto
estatistico", afirmou Rodríguez.
Na súa
intervención no Pleno da Cámara Baixa, o deputado
nacionalista tamén fixo mención á crise de
lexitimidade da Unión derivada do non ao Tratado
Constitucional en Franza e en Holanda. E salientou o papel do
Estado español "carente de relevancia nesta batalla.
Unha actitude que indica a inutilidade de que fose o primeiro en
ratificar o Tratado Constitucional. Unha posición que
contrasta vivamente coa dos Estados europeos sen complexos que
rexeitaron este Tratado porque avalaba a precarización, os
recurtes sociais, a ampliación sen medida sen ter en conta
as súas consecuencias".
O deputado do BNG
indicou que a crise pola que atravesa a UE se debe á
incompatibilidade do neoliberalismo e o mercado globalizado coa
retórica da solidariedade, sobre todo cando Franza e
Alemaña pasan por unha crise económica. "Pese
as aparencias, todos adoran o mercado e queren reducir o gasto da
UE. Só difiren na cuantía e na forma de
facelo".
Rematou
facendo unha crítica á política exterior da
UE, "sometida servilmente á política
internacional de EE.UU".
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|