|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
CIG rexeita a proposta de reforma laboral do goberno
Redacción,
23 de xuño 2005.
A proposta atenta gravemente contra os dereitos máis
básicos dos traballadores. O silencio de COO e UGT
evidencia o seu acordo implícito con eses recortes.
A
CIG
considera que a proposta de reforma laboral do goberno do PSOE
atenta gravemente contra os dereitos máis elementais dos
traballadores, porque abarata con carácter xeralizado o
despedimento, elimina a garantía de tutela xudicial e
administrativa no caso de despedimentos colectivos, a obxetividade
das causas e o que é máis grave, a indemnización
por despedimento, caso de cesar unha subcontrata.
A
CIG considera que coa proposta do Ministerio de Traballo
constátase “a total sintonía do goberno cos
requerimentos da patronal”, explica Antolín
Alcántara, Secretario Confederal de Negociación
Colectiva e Saúde Laboral, quen engade que “nin
sequera o PP ousou ir tan lonxe nos seus intentos de reformar o
mercado laboral”.
A
xustificación para flexibilizar o despedimento dos
contratos indefinidos é que, segundo eles, diste xeito se
fomentará o emprego fixo fronte ao temporal. Neste sentido,
Alcántara afirma que “se adoita relacionar
precariedade con contratos temporais, pero non é tanto o
carácter do contrato como as garantías que o
acompañen as que reducen a precariedade”. Ademais, a
CIG ten defendido sempre como única fórmula para
atacar á temporalidade que calquera contratación
deste tipo sexa por unha causa obxectiva real a demostrar pola
empresa, e non que se recorra a este tipo de contratos para evitar
contratacións indefinidas. Por iso, non pode menos
que rexeitar con total rotundidade os argumentos esgrimidos e
moito máis a proposta de maior flexibilidade demandada pola
CEOE.
Diste xeito, as medidas propostas polo Goberno
atentan gravemente contra a seguridade dos traballadores ao
facilitar enormemente o despedimento incrementando aínda
máis a precariedade xa existente.
Tal é así,
que se ataca en todas as frontes as garantías existentes.
Proponse abaratar, con carácter xeral, o despedimento
reducindo o seu custo a 33 días e un máximo de 24
mensualidades, cando se trate dun despedimento improcedente, ou o
que é o mesmo, cando o empresario non ten causa algunha que
alegar para xustificar esta decisión.
Con esta
medida, o que se fai é afondar máis no abaratamento
do despedimento. Unha vía que xa se abriu coas anteriores
reformas laborais asinadas por CCOO, UGT, a patronal e o PP. Daí
que a CIG entenda que o silencio de CCOO e UGT a respecto da
proposta do Ministerio de Traballo -até que saíu a
CEOE a demandar máis recortes aínda- non é
máis que a constatación da súa connivencia co
goberno e o seu acordo implícito cunha reforma laboral que
supón unha regresión dos dereitos adquiridos pola
clase traballadora logo de moitos anos de loita para
conseguilos.
Proponse introducir na negociación
colectiva unha cláusula pola que se posibilita a unha
empresa o despedimento colectivo alegando motivos financieiros,
eliminando a tutela administrativa e a xudicial. “Diste
xeito, deixase aos traballadores na máis absoluta
indefensión, porque non teñen posibilidade de saber
se as causas financieiras alegadas son obxectivas ou non”,
sinala o Secretario Confederal de Negociación Colectiva.
O
máis grave é que ao introducir esta cláusula
nos convenios, explica Alcántara, os máis afectados
serán precisamente os sectores e empresas nos que a
situación é máis precaria e, sobre todo,
aquelas nas que os sindicatos apenas teñen introdución
e son as patronais as que aproban os convenios sen negociación
algunha.
Tamén se convirte nun despedimento por
causas obxectivas aquel que se produza en empresas con menos de 50
traballadores (que son a maioría en Galiza, case un 85%)
alegando causas técnicas, económicas e de produción.
Por se isto fora insuficiente, o Ministerio de Traballo propón
que eses despedimentos se podan financiar en parte co Fondo de
Garantía Social “o que vén sendo o mesmo que
convidar aos empresarios a que recorran a este sistema, xa que
abarata substancialmente o despedimento”, engade Antolín
Alcántara.
Para a CIG é especialmente
preocupante que ademais, se trate de converter o despedimento por
cese dunha subcontrata nun despedimento sen indemnización
“o que xa é unha barbaridade extrema”, di
Alcántara.
A este respecto, o Secretario Confederal
de Negociación Colectiva engade que “xa non é
dabondo con que os traballadores das subcontratas sexan os peor
pagados, os que teñen menos dereitos ou as xornadas máis
longas, senón que por riba pasan a ser consagrados como
traballadores de inferior categoría que o resto ao poder
ser despedidos sen recoñecerlles dereito a ningún
tipo de indemnización”.
Alcántara
insiste tamén en que estas medidas non son máis que
a posta en práctica das que xa se viñan preparando
co novo marco que se definía na Constitución
europea, aprobada no estado español e rexeitada
maioritariamente en países como Francia, precisamente
porque atacaba á clase traballadora. “É a
medida neoliberal máis agresiva que se ten aprobado en
Europa, onde non hai antecendentes dun retroceso tan grande de
dereitos para a clase traballadora”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|