|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Hoxe celébrase a IV Edición da Resaca
das Letras [RdL06]
Redacción 23 de maio de 2006 Hoxe martes 23 de maio ás 16.15h terá lugar a IV Edición da Resaca
das Letras [RdL06], unha xornada de reivindicación da Internet en galego
na que terá lugar unha mesa redonda onde intervirán persoeiros do mundo
da web e da comunicación de Galiza.
A Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación de Pontevedra acollerá este acto na aula 7, e terá como
convidados a Luis Álvarez Pousa (director de Tempos Novos e profesor de
xornalismo especializado na Universidade de Santiago), Marcus
Fernández (xestor web do diario tecnolóxico Codigocero.com), Carlos
Santiago (escritor e membro de Arredemo e Burla Negra), Berto Yañez
(fundador das plataformas de interacción social en Internet, Aduaneiros sem
fronteiras e Chuza.org) , María Yáñez (directora de Vieiros.com) e Amador Loureiro (dorfun.bitacoras.com).
A Resaca das Letras nace en 2002 no abeiro da Facultade de CCSS e
da Comunicación. No ano 2004, outorgáronse premios ós millores sites en
galego e resultaron gañadoras as páxinas de Vieiros.com e Reizentolo.com
entre outras. Este ano, o acto centrarase na mesa redonda coa aportación
dos convidados que abordarán diversas liñas temáticas no mapa web galego actual, desde o contexto comunicacional da rede até o boom dos blogs,
pasando pola crecente importancia da interacción social na Internet.
Asemade, avaliaráse o estado actual da rede galega e as perspectivas de
futuro, así como a importancia de que a nosa cultura e língua conformen un
espazo propio neste ámbito.
Pero aínda hai máis. Na propia facultade de CCSS e da Comunicación
terá lugar un maratón de lectura de grandes obras en galego en formato de
mini-libros. Esta iniciativa promovida polo docente Benigno Fernández
Salgado, pretende, ó igual que a Resaca das Letras, a difusión e promoción
do idioma galego. A maratón comezará as nove da mañá no salón de graos e
durará aproximadamente entre oito e nove horas nas que os estudantes
lerán para deleitar e potenciar o galego nun ambiente de resaca...
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|