|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Comunicado
oficial do BNG após o anuncio de alto ao fogo permanente de
ETA
Redacción
23 de marzo 2006 O
Bloque Nacionalista Galego chama a aproveitar esta oportunidade
histórica para conseguir a paz definitiva en Euskadi. A
Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego chama ás
forzas políticas democráticas a que reforcen a súa
unidade e a que exploren todas as oportunidades para conseguir a
paz que se abren agora en Euskadi unha vez feito público o
anuncio de ETA dun alto ao fogo permanente.
Só
desde a irresponsabilidade máis sectaria se pode non
considerar positivo o escenario que se abre agora en Euskadi, por
máis que o proceso que comeza será sen dúbida
longo e non exento de moitas dificuldades e non poucos
riscos.
Estamos
perante unha oportunidade histórica despois de moitas
décadas de sufrimento e de barbarie, polo que cumpre que
todos os axentes políticos e sociais estean á altura
das circunstancias e sexan suficientemente responsábeis
para poren os intereses xerais por enriba de calquer conveniencia
particular.
O BNG lembra que hai xa unha folla de rota, un
mandato do Congreso dos Deputados, previsto para o momento en que
ETA fixese pública a súa intención de pór
fin á súa actividade terrorista.
Esa folla de
rota é a que debe presidir agora a actuación das
forzas políticas democráticas na perspectiva de
avanzar sen posibilidade de nengún retroceso cara a
definitiva pacificación de Euskadi.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|