ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Galeusca celebrará o 25 de Xaneiro en Madrid unha Asemblea Xeral para apresentarse como 'axente político determinante' nas reformas en curso


Redacción 23 de xaneiro 2006 Francisco Jorquera lembra que Galeusca é a terceira forza política do Estado e que é “imprescindíbel” para a súa gobernabilidade.

A coalición Galeusca, integrada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), Partido Nacionalista Vasco (PNV), e Convergència i Unió (CiU), celebrará o vindeiro día 25 en Madrid unha gran convención na que se apresentará como “axente politico determinante” na reforma política do Estado.

O portavoz executivo do BNG, Francisco Jorquera, anunciou onte que neste encontro haberá “unha importante declaración” por parte dos líderes das formacións políticas integradas en Galeusca: Anxo Quintana, polo BNG; Artur Mas, por Convergéncia Democrática de Catalunya (CDC); Josep Antoni Duran i Lleida, por Unió Democrática de Catalunya (UDC) e Josu Jon Imaz, polo PNV.

Francisco Jorquera lembrou en rolda de imprensa trala Executiva do BNG que Galeusca constitúe “a terceira forza política a nivel estatal” polo que “non se pode prescindir” dela nen para a gobernabilidade do Estado Español nen para acometer unha reforma do mesmo na que se recoñeza a condición nacional de Galiza, Euskadi e Catalunya.

150 CARGOS ELEITOS

"Anunciará que se vai a operativizar como un instrumento político decisivo na política estatal xa que é un factor fundamental para a gobernabilidade do Estado e para determinar o rumo das reformas que se acometen no Estado", avanzou o coordenador executivo.

Á convención de Galeusca en Madrín acodirán 150 cargos eleitos de Galeusca, entre deputados estatais, autonómicos e europeus, así como cargos gobernativos e representantes das distintas executivas dos partidos.



Voltar a novas

Ver anteriores