ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Todo listo para o partido Galiza-Ecuador

A TVG emitirá o 23 e 28 de decembro o documental "Selección Galega. Setenta anos despois"


Chuza! esta nova!
Selección Galega Redacción 22 de decembro de 2006 A paixón polo fútbol galego volve a ser a protagonista neste Nadal. Un ano despois do histórico debut ante Uruguai a selección galega xa prepara un novo enfrontamento, desta vez ante o combinado de Ecuador. Será ás 21:00 horas do próximo xoves 28 de decembro cando os elixidos por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez salten ao terreo de xogo de Riazor para defender as cores galegas.

En fronte, unha das revelacións do pasado mundial. O conxunto suramericano clasificouse para a cita xermana como terceiro mellor equipo do grupo da Conmebol, por detrás de Brasil e Arxentina e deixando fóra do torneo a seleccións como Uruguai, Chile ou Colombia. En Alemaña os ecuatorianos superaron a fase de grupos con comodidade ao vencer a Polonia e Costa Rica e caeron pola mínima ante Inglaterra nos oitavos de final.

Nesta ocasión o Estadio de Riazor da Coruña tomará o relevo do Multiusos de San Lázaro e, con motivo do centenario do R.C.Deportivo da Coruña, será a sede do agardado encontro.

Seareiros dun e doutro bando, afeccionados ao deporte en xeral, medios de comunicación de todo o mundo, todos están convidados a participar nesta gran festa do fútbol.

Descarga a lista provisional de convocados de Galiza.

Información e entradas na páxina da Fundación Deporte Galego.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: