ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Todos os centros educativos de Galiza terán o OpenOffice.org en galego


Chuza! esta nova!
Redacción 22 de decembro de 2006 A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellaría de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galiza un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.

O OpenOffice.org en lingua galega comprende un conxunto completo de aplicacións para o traballo ofimático como son, o procesador de textos, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xerador de presentacións multimedia, un programa de debuxo, un editor de ecuacións matemáticas e outras ferramentas, ademais dun corrector ortográfico de galego totalmente integrado.

O ámbito educativo é un sector clave no que, ademais de propiciar o coñecemento e a difusión deste software por toda a cidadanía galega, a presenza destes programas achegan importantes vantaxes polas súas propias características de libre disposición, de adaptabilidade e de posibilidade de dispoñer del en galego.

Para máis información e para descargarte o OpenOffice.org en galego www.mancomun.org

Fonte: Mancomun.org

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: