Publicidade
Contacto
|
*Campionato de futbolín en Betanzos reivindicando que a Selección galega compita internacionalmente
Redacción 22 de decembro de 2006 Hoxe, venres 22 de decembro, a Asemblea Local de Galiza Nova de Betanzos
organiza, en colaboración coa Adega do Pino, un campionato de futbolín co gallo do partido que enfrontará a Galiza e Ecuador o vindeiro 28 de decembro en Riazor.
O campionato, que comezará sobre 20:30h do serán, xogarase polo sistema de
dobre KO.
Para inscribirse abonda con pasar polo local antes do inicio do
campionato. A cota de inscrición simbólica é dun euro por persoa,
xogándose en parella.
De premios haberá entradas para o Galiza-Ecuador.
Ao remate do campionato actuará o cantautor O Leio, con versións persoais
de cantautores galegos.
Con este acto as mocidades do BNG reivindican unha
selección oficial que compita internacionalmente.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|