ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Arsenio e Vázquez Chaman a Jonathan Vila e a Fuentes para Xogar contra Ecuador
• Os dous xogadores substituirán aos lesionados Aspas e Oubiña

Chuza! esta nova!
Redacción 22 de decembro de 2006 Os seleccionadores galegos Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez convocaron a dous xogadores máis para cubrir as baixas por lesión de Jonathan Aspas e Borja Oubiña, que non poderán disputar o partido do próximo día 28 de decembro en Riazor contra Ecuador. Os xogadores reclamados para vestir a camisola do equipo galego son Jonathan Vila (Real Club Celta) e Fuentes (Ponferradina). Ambos son debutantes, xa que non estiveron o pasado ano no choque contra Uruguai.

Datos dos xogadores:
Juan Manuel Fuentes Fernández, data de nacemento: 15-11-1977 (Ordes)
Jonathan Vila Pereira, data de nacemento: 06-03-1986 (O Porriño)

Venda de entradas
O ritmo de venda de entradas nestes primeiros días está sendo moi bo e nestes momentos están case cuberta sas dúas terceiras partes do aforo total. Desta forma, parece garantido que o próximo día 28 de decembro haberá unha moi boa entrada en Riazor. Actualmente, as localidades están postas a venda en Caixanova (www.caixanova.com) e nas taquillas das oficinas de Riazor. Xa hai gradas onde o papel é moi escaso, como en Preferencia inferior, onde só quedan localidades soltas á venda. Onde queda de momento máis espazo é nos Fondos, precisamente as gradas máis asequíbeis de prezo.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: