Publicidade
Contacto
|
*Pésame polo falecemento de Xosé Agrelo Hermo
Redacción 22 de novembro de 2006 A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito que vive a cultura galega pola irreparábel perda de Xosé Agrelo Hermo. Desde A Mesa queren salientar o seu labor de activista incansábel na defensa da nosa lingua e da nosa cultura nos máis diversos ámbitos: fundou e dirixiu grupos de teatro, arriqueceu o noso idioma co seu cultivo nos tres grandes xéneros, promoveu o estudo da nosa historia e contribuíu á dinamización e extensión social da nosa lingua a través da súa editora Toxosoutos.
Queren recoñecer tamén a paixón e a entrega de Xosé Agrelo Hermo en moitas accións de promoción da nosa lingua a través da Mesa pola Normalización Lingüística, organización da cal foi membro fundador. "O compañeiro que perdemos foi, por exemplo, un grande dinamizador na súa comarca das accións para que o novo Estatuto de Galiza recoñeza para o galego todas as garantías dunha lingua oficial, con iguais dereitos e iguais deberes", indican.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|