|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
di en Ponteareas que o BNG traballará por un novo Estatuto
que “inclúa a todos” e que “sexa útil
para todos”
Redacción
22 de novembro 2005
“Queremos
un Estatuto de Nación e da non exclusión”.
“Temos agora un goberno que non só se preocupa pola
política do cemento, senón tamén pola
política social ao servizo da xente”. Quintana,
quen se pronunciou nestes termos durante o discurso que pronunciou
para celebrar o décimo aniversario da conquista da chegada
do BNG á corporación municipal de Ponteareas,
defendeu que o Novo Estatuto de Nación é chave para
que Galiza “avance na conquista da converxencia cos
estándares máis avanzados de benestar do Estado e da
UE”.
“Precisamos de novas ferramentas para
progresar como país. O actual Estatuto cumpriu o seu ciclo
e xa non nos abonda. Necesitamos de novos espazos competenciais,
dun sistema de financiamento acaído ás nosas
necesidades e queremos unha carta que outorgue máis
liberdades e máis dereitos sociais e cidadáns aos
galegos e ás galegas”, afirmou o portavoz
nacional.
Para
Quintana, no debate estatutario é fundamental o fondo, mais
tamén a forma. “É importante o que, mais tamén
o é o como. Como conseguimos a nova carta de dereitos. A
miña aposta é através do diálogo e a
participación. Con todos e con todas. Sen nengunha
exclusión”, acrecentou o portavoz nacional do BNG.
“Queremos un Estatuto que non deixe fóra a ninguén.
E agardo que este compromiso do BNG sexa tamén asumido
polas outras forzas políticas que actúan no
país”.
Quintana abordou tamén no seu
discurso o balanzo dos primeiros meses de Goberno. “O BNG
traballou durante estes algo máis de 100 días para
conseguir que o respecto a Galiza fose un feito. Diso podemos
sentirnos todos seguros e orgullosos”, alegou.
“Temos
agora un Goberno que non só se preocupa pola política
do cemento, senón tamén pola política social
ao servizo da xente”, concluíu.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|