Publicidade
Contacto
|
*Hoxe comezaron ás XVIII Xornadas de verán de Galiza Nova
Redacción 22 de setembro de 2006 Por decimooctavo ano de xeito ininterrompido, Galiza Nova celebra unha das actividades máis completas e interesantes que se realizan ao longo do ano, as Xornadas de Verán de Galiza Nova, que desta volta terán lugar o fin de semana do 22, 23 e 24 de setembro entre as comarcas do Barbanza e Muros-Noia.
As Xornadas preséntanse como un evento lúdico e reivindicativo, e como un punto de encontro entre os rapaces/as nacionalistas de toda Galiza, polo que as actividades serán tanto de tipo festivo-culturais como formativo para a mocidade nacionalista.
Así, este ano, ademais de coñecer a nosa terra a través de distintos roteiros, unha das temáticas sobre as que pivotan é, como non podería ser doutro modo, a crise dos lumes que asolou o noso país no mes de agosto, ou, dentro da recuperación da memoria histórica, un coloquio sobre Ramón Martínez López. Tamén se inclúe, xa en Noia, unha homenaxe a Antón Avilés de Taramancos. E por suposto, haberá espazo para a festa, con actuacións dos novos e orixinais sons de grupos musicais galegos formados moi recentemente ( Som do Galpom e GalegoZ) e para os sons tradicionais das regueifas.
As xornadas, abertas á participación de calquera persoa con interese, só requiren unha cota de 15 euros, na cal están incluídas todas as comidas, o desprazamento e a durmida. Para anotarse, tan só hai que dirixirse a xornadas@galizanova.org ou ben se pode chamar ao 981553526.
Ofrecemos o programa completo a continuación:
Xornadas de verán da Mocidade Galega 2006 : Barbanza-Noia 22, 23 e 24 de Setembro.
Venres 22:
19:00- Chegada a Boiro
19:00- Chegada ao lugar de aloxamento
20:00- Recepción no Centro Arqueolóxico do Barbanza Discurso do alcalde, Xosé Deira, do Responsábel Comarcal do BNG, Manel Casal, e o responsábel comarcal de Galiza Nova, Xurxo Paz.
21:00- Cea.
23.30- Festa cun contacontos e un grupo no Pub Esmorga (Boiro)
Grupo: Som do Galpom
Contacontos: Quico Cadaval
Sábado 23:
10.00:- Almorzo
11:00 : Roteiro pola serra, visitas as piscinas naturais do Río Pedras (Pobra do Caramiñal
12:00 Curso de masaxes (as persoas que queiran participan deben levar unha toalla cada un).
13:00- Xantar, habilitarase un espazo no contorno natural da piscinas.
15:00- Saída cara Corrubedo (Ribeira)
Tarde na praia
Bolos Celtas
18.30 Charla-coloquio no centro ecoloxista de Corrubedo: A problemática dos incendios: claves da nova política forestal
Poñentes:
- Alberte Blanco, Director Xeral de Montes
- Ecoloxista de ADEGA
- Modera: Ania Pérez
20.00 Saída para Boiro
20.30 Charla-coloquio na Casa da Cultura de Boiro; Recuperando a nosa memoria histórica: Ramón Martínez López, traxectoria e actualidade do seu pensamento
Poñentes:
- Avelino Pousa Antelo (Histórico militante do nacionalismo)
- Xosé Luís Axeitos (Membro da Real Academia Galega)
21:30- Cea.
22:30- Concerto "Pola soberanía dos pobos"
- GalegoZ
- Suso o de Xornes (regueifeiro)
- Regueifeiro por confirmar.
Domingo 24:
10.30- Almorzo
11.30 Recepción perante o busto de Antón Avilés de Taramancos
12.30 Degustación de pinchos na Tasca Típica e lectura de poemas en memoria de Antón Avilés de Taramancos.
14.00h. Xantar no entorno do Río Tambre.
O xantar será amenizado por algún grupo de gaitas e pandereiteiras.
16.30 Clausura e despedida.
17.00 Parten os autobuses para as respectivas comarcas
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|