ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*O BNG solicita á Xunta Eleitoral Central que os votos do exterior que se recibiron por parte de correos con posterioridade ás 20.00 horas do 19-x se reconten de forma separada


Redacción, 22 de xuño 2005. O Bloque Nacionalista Galego vén de apresentar un escrito perante a Xunta Eleitoral Central para que os votos do exterior que se recibiron por parte de Correos e Telégrafos con posterioridade ás 20.00 horas do 19 de Xuño se reconten de forma separada. O BNG argumenta no seu escrito que tendo en conta que o escrutinio do voto CERA non se iniciará até o luns 27 de xuño “poden aínda ficar en poder de servizos postais estranxeiros (que en muitos casos nen sequer revisten carácter público) un número significativo de envíos postais”.

O problema radica en que estes envíos están “alleos a todo control por parte non só da Administración Eleitoral, senón de caisquer outros poderes públicos españois”, polo que poden ser “facilmente manipulábeis, unha vez se coñece unha aproximación bastante fiel ao resultado eleitoral”. É por isto que o BNG insiste en “estremar as cautelas sobre os envíos eleitorais que obran en poder das autoridades ou servizos postais do Estado español con posterioridade á data de feche dos colexios eleitorais, instando a que o seu reconto se faga de forma específica por parte das xuntas eleitorais”.

Preme aqui para ler o escrito apresentado polo BNG ante a Xunta Eleitoral Central.


Voltar a novas

Ver anteriores