|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Iraq
custa máis que Corea
Redacción,
22 de xuño
2005. Costa abaixo: Os
gastos militares de Estados Unidos en Iraq igualaron o orzamento
empregado na Guerra de Corea, unha cifra que será
sobrepasada en breve, afirmou hoxe a televisión canadiense
CBC.
Desde os ataques terroristas do 11 de setembro de
2001, o congreso aprobou 350 mil millóns de dólares
para a campaña bélica do presidente George W. Bush,
en especial no país árabe.
Esa
cifra inclúe os 82 mil millóns de dólares que
o Capitolio entregou o pasado mes á Casa Branca, co cal
alcanza o orzamento do conflito de Corea (1950-1953).
Nesa
conflagración morreron máis de 54 mil soldados
norteamericanos e outros 100 mil resultaron feridos.
Non
embargante, a Cámara de Representantes aprobou un novo
paquete por valor de 45 mil millóns de dólares para
manter a ocupación de esa nación do Golfo Pérsico,
que dispara os gastos militares.
Durante o debate nese
órgano lexislativo, a líder da minoría
demócrata, Nancy Pelosi, considerou que "esta guerra é
un erro grotesco".
Iraq converteuse nun problema para
a administración republicana, que enfrenta unha crecente
presión da opinión pública e das propias
filas do seu partido.
Ao respecto, unha enquisa realizada
pola firma Gallup para o diario USA Today e a televisión
CNN revelou que 59% dos norteamericanos cuestiona o conflicto nese
país árabe.
Segundo o estudo, o 39% dos
entrevistados respalda a opción militar, unha caída
significativa desde marzo, cando rexistrou o 47% de apoio.
A
pasada semana catro lexisladores presentaron un proxecto que
obriga á oficina oval a comenzar a retirada do exército
a partir do 1 de outubro de 2006.
Dous demócratas e
outros tantos republicanos da Cámara de Representantes
anunciaron un plano que esixe ao xefe do Estado elaborar un
cronograma para o repregue das forzas do Pentágono do país
árabe.
É a primeira vez que un proxecto de
ese tipo é presentado por lexisladores de ambos partidos,
aínda que en 2002 a grande maioría dos demócratas
e seis republicanos da Cámara baixa apoiaron a retirada do
exército de ese territorio.
Bush recoñeceu
onte que o panorama en Iraq é duro para Estados Unidos,
aínda que minimizou a súa declaración ao
afirmar que o país avanza na súa guerra.
O
mandatario rexeitou de cheo a evacuación das tropas do
Pentágono de esa nación, como quere o 59% dos
norteamericanos.
Prensa
Latina
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|