|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Chávez:“Inventemos
un socialismo acoplado á nosa
historia, costumes e realidades”
Redacción,
22 de xuño
2005. Desafío: o
presidente de Venezuela, Hugo Chávez Frías, desde o
Salón Bicameral do Palacio Lexislativo de Asunción,
onde dictou este luns unha conferencia sobre a Integración
Latinoamericana e Caribeña, invitou aos latinoamericanos a
debater o tema do socialismo do século XXI, sistema
político e económico que considera a única
vía para sair da situación de miseria na que
estánlos pobos da rexión.
Na súa
disertación o Xefe do Estado venezolano caracterizou ao
modelo capitalista imposto polo imperialismo como “o diaño”,
polo que dixo que atrevéronse a plantexar aos seus
coterráneos discutir a tese do socialismo, “como
agora invito aos latinoamericanos” a pensar nesas ideas.
“É
un debate. Eu son socialista e cada día creo con maior
firmeza que o único camiño para sair da situación
de subdesenvolvimento, de miseria e de atraso na que están
os nosos pobos, é o socialismo. Non creo que haxa outro
camiño”, enfatizou.
Sinalou que a súa
proposta non trata de copiar modelo alguno, se non de inventar o
socialismo do século XXI. “Non debemos caer no erro
que xa sinalaba o Che polos anos 60, ese infinito homo do Paraná,
cando criticaba a copia dos modelos; ou como Simón
Rodríguez quen dicía por estas mesmas terras do sur,
que a América Meridional non debera de seguir copiando
modelos; orixinais dicía el deben de ser as nosas formas de
goberno e de vida”.
“Inventemos un socialismo
acoplado á nosa historia, costumes e realidades.
Alimentado, polo exemplo, polas experiencias do Paraguai dos
Comuneiros e moitass outras”, agregou o mandatario
venezolano ante os parlamentarios paraguaios.
Explicou que
o socialismo que plantexa conleva a colocar o social por diante e
non o capital, así como velar polos verdadeiros dereitos
humanos, “non os que pregonan con tanta hipocresía os
fariseos do Pentágono e a Casa Branca”.
Todo
é posíbel coa participación dos
pobos.
Noutra parte do seu descurso o presidente Chávez
dixo que Venezuela quere cada día estar en mellores
condicións para extender os brazos amigos aos pobos
irmáns.
Relatou que esforzos como o que fixo o
Goberno Bolivariano para terminar co analfabetismo a través
da Misión Robinson, quixera compartilos con todos os nosos
pobos.
“Ese é un exemplo do que modestamente
en Venezuela estamos facendo e poidéramos extendelo polo
continente. Dar unha verdadeira batida contra o analfabetismo, en
todos os lados e eu creo que en 5 anos poderíamos dicir que
América Latina nese caso sería territorio libre de
analfabetismo. Coa participación dos pobos todo é
posíbel, coa moral repotenciada dos pobos todo é
posíbel”.
Aporrea
–Prensa Presidencial
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|