|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
EZLN desenmascara a política agresiva de paramilitares en
Chiapas
Redacción,
22 de xuño 2005.
A
alerta vermella emitida polo Exército Zapatista de
Liberación Nacional (EZLN) deixou ao descuberto a política
agresiva que bandas paramilitares impulsan en Chiapas, asegurou
hoxe o destacado escritor Carlos Montemayor.
O
comunicado do Comité Revolucionario Clandestino Indíxena
e a Comandancia xeral do EZLN "despoxa do pasamontañas
á política embozada de agresión dos
paramilitares", detrás dos cales se ocultan os
gobernos federal, estatal e o exército mexicano,
subliñou.
Segundo
a opinión de Montemayor, o documento difundido este luns
aquí constitue non só unha importante mensaxe
militar, ou táctica, se non tamén política.
A
parte central da alerta vermella está no aviso de que non
serán desmanteladas as estructuras dos Caracoles,
nin as Xuntas de Bon Goberno (órganos populares de consulta
e administración), se non que traballarán de forma
clandestina e transhumante, puntualizou.
Noutras palabras,
dixo Montemayor en declaraciones ao diario La Jornada,
faranse máis forte políticamente, arraigaranse
máis, serán a medio prazo máis
indestructíbeis.
O autor dos informes secretos negou
que o comunicado zapatista deba interpretarse como o probábel
aviso dunha acción militar unilateral do EZLN.
Pola
contra, o que se anuncia son plans previos que se irán
despregando como accións defensivas ante o grao de
violencia que forzas institucionais eventualmente despreguen na
zona, onde, alertou, hai demasiadas tensións
acumuladas.
Respecto á nota difundida onte pola
Secretaría de Defensa Nacional sobre a destrución de
plantíos de marihuana en áreas baixo influencia
zapatista, Montemayor considerouna parte das estratexias
contrainsurxentes concebidas polas forzas castrenses mexicanas
desde 1994.
Pola súa parte, a Secretaría de
Gobernación sinalou nunha nota oficial que "podese
afirmar categóricamente que a zona fronteiriza d'Os Altos e
a selva de Chiapas atópanse en plena normalidade".
A
mensaxe, suscrita pola Coordenación para o Diálogo e
a Negociación en Chiapas, indica que esta apreciación
se sustenta na información recabada polo comisionado Luis
H. Alvarez de xeito persoal e validada con instancias estatais e
federais.
Ao decretar a alerta vermella en zonas rebeldes
de ese estado do sur mexicano, o EZLN deslindou a todas as
personas e organizacións civís, políticas,
culturais, cidadás, ONG´s, comités de
solidaridade e grupos de apoio que se lle achegaron, "de
calesqueira das nosas accións futuras".
Anunciou
ademais que todos os elementos (de esa forza) que se atopaban
facendo labor social nas comunidades zapatistas foron chamados a
filas e acuarteladas as tropas regulares.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|