|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*“Os
inocentes no xulgado, o delincuente ao Vaticano”. A Mesa
anuncia xornada de mobilización para mañá.
Redacción
22 de febreiro
2006
A
Mesa lamenta o xuízo contra tres cidadáns que
defenderon o cumprimento da lei e das sentenzas xudiciais no
Concello da Coruña. “O
mundo ao revés: o delincuente denuncia a quen defende o
cumprimento das leis”. A Mesa pola Normalización
Lingüística celebrará unha concentración
este xoves ás 10 nos Xulgados da Coruña, cunha faixa
co lema “Os inocentes no xulgado, o delincuente ao
Vaticano”, coincidindo con dito xuízo.
O
próximo xoves 23 de febreiro ás 10 horas nos
Xulgados da Coruña celébrase a vista do xuízo
a tres persoas que foron acusadas por Francisco Vázquez por
“faltas” e “inxurias”, cando durante a
celebración do Pleno Municipal do día 2 de novembro
de 2004 este se negou a cumprir a lei e as sentenzas sobre o
topónimo oficial e aprobou unha fraude de lei que pouco
despois botaron abaixo os tribunais de xustiza. As persoas
denunciadas son Pilar García Negro, Xosé Manuel
Carril e Francisco Xosé Rei García.
A
Mesa pola Normalización Lingüística convoca
unha concentración para ese mesmo día e hora diante
dos Xulgados, cunha faixa co lema “Os inocentes no xulgado,
o delincuente ao Vaticano”. Ao presidente da Mesa, Carlos
Callón, parécelle “o mundo ao revés que
unha persoa que leva anos burlándose reiteradamente da lei
e dos tribunais de xustiza denuncie a cidadáns que defenden
o cumprimento da lexislación”. “Isto hai que
interpretalo como unha burla máis de Francisco Vázquez
ás leis; unha mofa reiterada que, a xuízo do que se
está a ver nos últimos meses, non practicou só
no referido ás cuestións lingüísticas.”
A
Mesa agarda que A Coruña “pase páxina
rapidamente” das actitudes fóbicas e intolerantes de
Francisco Vázquez, que nin benefician a convivencia nin o
progreso da cidade.
ArroutadaNoticias.com
quer solidarizarse coas tres persoas denunciadas, ao noso ver tres
patriotas que, por triste que pareza, só exixian o
cumprimento da legalidade vixente.
Dende aqui vos enviamos
unha forte aperta solidaria.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|