Publicidade
Contacto
|
*Chávez chamou “diaño” a Bush durante o seu discurso na ONU
Redacción 21 de setembro de 2006 “O pobo estadounidense ten ao diaño en casa", expresou o presidente venezuelano Hugo Chávez ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en Nova York Un día despois de que George Bush falase fronte ao organismo mundial, o líder bolivariano asegurou: “Este mesmo lugar cheira a azufre aínda''.
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, dixo hoxe durante a súa intervención na Asemblea Xeral que seguirá alertando sobre as pretensións hexemónicas do goberno do presidente George Bush. “O pobo estadounidense ten ao diaño en casa" agregou o mandatario.
"Onte veu o diaño aquí'', dixo Chávez en referencia á presenza de Bush na tarima da Asemblea Xeral desde a que falan os líderes mundiais. “Neste mesmo lugar cheira a azufre aínda''.
"Facemos un chamado ao pobo de Estados Unidos e ao mundo para deter esta ameaza, que é como a espada de Dámocles'', dixo o mandatario venezuelano.
Levando consigo un libro de Noam Chomsky “Hexemonía e Supervivencia”, Chávez centrou o seu discurso no goberno de Estados Unidos e a súa política internacional.
"A pretensión hexemónica do imperio americano pon en risco a supervivencia da especie humana'', advertiu Chávez.
O mandatario invitou aos presentes a ler o libro do intelectual e lingüista Chomsky, un dos máis famosos disidentes de Estados Unidos, xa que “a ameaza téñena na súa propia casa. O diaño está en casa''.
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, chegou á sé da ONU en Nova York, en busca dos votos necesarios para converter ao seu país en membro non permanente do Consello de Seguridade e derrotar a oposición de Estados Unidos que, en cambio, apoia a Guatemala.
Para gañar o posto se requiere o apoio de dous terzos da Asemblea Xeral, é dicir, 128 votos.
Venezuela afirma que xa conta cos votos necesarios, pero Guatemala e os seus aliados non se renden.
O ano pasado, Chávez afirmou neste mesmo foro que modelo de Nacións Unidas está esgotado, “non serve”, e pediu reformas radicais na organización.
Tamén o Presidente pediu un cambio da sede a unha cidade internacional e propuxo Suramérica. Afirmou que o proceso da reunión foi desvirtuado. “Impúxosenos un proceso de reformas que relega a un segundo plano o máis urxente, o que os pobos reclaman con urxencia para enfrontar os verdadeiros problemas”. Na súa presentación de hoxe tamén se espera que o presidente Chávez revolucione a asemblea co seu discurso.
A axenda que Chávez pretende levar ao máximo foro mundial foi suscitada no recente cumio de Non Alineados (Noal) na Habana da fin de semana pasada e durante a visita do presidente de Irán, Mamud Ahmadinejad, cando os dous líderes defenderon contra vento e marea o programa nuclear iraní.
Fonte: Axencia Walsh
Voltar a Internacional
Ir á Novas
Ver Anteriores
|
|