ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
En marcha unha grande homenaxe ao Poeta nacional, Manuel María


Redacción, 21 de setembro 2005 A AS-PG, a CIG-ensino, AELG e MNL, como organizacións comprometidas coa cultura galega, puxemos en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, un ano após do seu falecemento. Serán seis meses de estreas de espectáculos musicais, teatrais, audiovisuais, exposicións, homenaxes, etc nas diferentes cidades galegas, que logo terán unha difusión posterior por toda Galiza durante todo o ano 2006.

Quizais é a programación máis completa e ambiciosa que se ten feito na Galiza contemporánea para homenaxear a unha figura das letras. Mais esta singularidade está en consonancia co feito de coincidiren na persoa de Manuel María factores tan diversos e relevantes como o de posuír unha calidade humana e unha ética excepcionais; o manter un compromiso con Galiza e coa súa cultura sen desfalecemento durante toda a súa vida; ser posuidor dunha vastísima cultura que sempre puxo ao servizo do noso País; ser autor dunha obra inmensa e de grandísima calidade literaria... Manuel María é o noso POETA NACIONAL e nós, para homenaxealo, presentámos a seguinte programación:

1.- HOMENAXE NACIONAL. Día 8 de outubro ás 20 horas no Auditorio de Santiago. Música, poesía e audiovisual.
2.- DISCO MONOGRÁFICO DO GRUPO MILLADOIRO. Conterá pezas musicadas sobre poemas de Manuel María. Saída prevista: marzo do 2006.
3.- ACTUACIÓN-HOMENAXE DA BANDA FILARMÓNICA DE GALICIA acompañada de seis corais, con estrea de dúas pezas sobre poemas de Manuel María, con gravación en CD. Dirixe Carlos Seráns. Organiza a Concellaría de Cultura de Compostela. Día 26 de novembro no Auditorio de Santiago.
4.- CONGRESO “Manuel María, Literatura e Nación“ Os días 3, 4 e 5 de novembro na Facultade de Filoloxía da Coruña. É preciso facer inscrición previa.
5.- Representación da peza teatral “A FARSA DE BULULÚ” pola compañía Teatro do Morcego. Estrea en Pontevedra o 27 de novembro.
6.- Espectáculo poético-teatral dirixido por Celso Parada no que se fai unha viaxe pola poesía de Manuel María.
7.- Realización do filme “Fala e Terra desta miña Terra. Manuel María” dirixido por Margarida Ledo.
8.- Edición da “FOTOBIOGRAFÍA SONORA DE MANUEL MARÍA”. 200 páxinas con gran profusión gráfica acompañadas dun CD cunha selección de 18 pezas musicais de Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde, A Quenlla, María Manuela... e outro CD co recitado de poemas na súa propia voz. Autores: Xan Fraga e Xurxo Souto. Edita Ouvirmos
9.- Edición da UNIDADE DIDÁCTICA “Ferrados de corazón, fanegas de alma” destinada ao ensino primario. Autora: María Xosé Bravo, María Calvo e Carme Vilariño.
10.- Edición da UNIDADE DIDÁCTICA “Ferrados de corazón, fanegas de alma” destinada ao ensino secundario. Autores: Mercedes Queixas e Anxo Gómez.
11.- Exposición itinerante de 25 paneis , significando os aspectos máis relevantes da súa vida e obra. Autores: Mercedes Queixas e Anxo Gómez.
12.- Posta en marcha do Iº PREMIO MANUEL MARÍA Á DIGNIDADE GALEGA. O seu obxecto é distinguir aquela persoa ou institución que destacase na defensa de Galiza. Fallo en Xaneiro de 2006.
13.- ANDANDO A TERRA CON MANUEL MARÍA. Edición de percorridos que gardan relación con diferentes aspectos da súa vida e obra. Autor: Felipe Senén.
14.- SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA; espazo e actividades dedicadas a Manuel María dentro do Salón do Libro do 2006.
15.- XORNADAS ESPECÍFICAS EN LUGO: do 6 ao 11 de febreiro realizaranse unhas xornadas específicas para ensinantes.
16.- REALIZACIÓN DUNHA PÁXINA WEB: www.manuelmaria.com.


Voltar a novas

Ver anteriores