|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
Consellaría de Medio Rural impulsará a utilización
do galego nos produtos con denominación de
orixe
Redacción,
21 de
setembro
2005
A
Mesa e a Consellaría colaborarán para que “a
revitalización do rural vaia acompañada do orgullo
de termos unha lingua propia”.
O Presidente e a Secretaria Xeral da Mesa
pola Normalización Lingüística, Carlos
Callón e María Xosé Jamardo, reuníronse
onte co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.
Este encontro forma parte dos que está a manter a
organización en defensa do galego cos responsábeis
do novo Goberno. Os dirixentes da Mesa subliñan a
“receptividade” e “preocupación activa”
que o Conselleiro demostrou cara á situación da
lingua galega.
Alfredo
Suárez Canal acordou coa Mesa impulsar a utilización
do galego, tanto en etiquetaxe como en publicidade, dos produtos
con denominación de orixe. A Mesa recorda que os nomes que
designan a varias destas denominacións foron motivo de
polémica no seu momento por defender o Goberno daquela que
varias delas non estivesen en galego.
Ademais, o
Conselleiro impedirá que se exclúa o noso idioma das
publicacións do seu Departamento, tal e como aconteceu en
anteriores lexislaturas, e que motivara varias queixas da Mesa
pola Normalización Lingüística perante o
Valedor do Pobo.
A organización cidadá e esta
Consellaría estudarán outras liñas de
colaboración, como a galeguización de cooperativas e
as accións a desenvolver para consolidar e pór en
valor o uso da nosa lingua no ámbito rural. Segundo A Mesa,
“aínda que o galego se mantén con máis
forza en ámbitos non urbanos, tamén aí están
moi estendidos os prexuízos cara ao idioma propio, que
poden levar á ocultación do mesmo”. “A
revitalización do rural debe ir acompañada de
accións que afortalen o orgullo de termos unha lingua de
noso”, aseveran.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|