ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Venezuela presentou hoxe a solicitude de extradición do anticastrista Posada Carriles


Redacción, 21 de xuño 2005. Venezuela presentou hoxe a solicitude formal de extradición do anticastrista Luis Posada Carriles ao Departamento de Estado norteamericano, nun volume de máis de 500 páxinas que inclúe todo o seu expediente xudicial.

"Aquí comenza unha conta regresiva para Estados Unidos e o seu goberno para ver cantos minutos, canto tempo seguirá protexendo a un terrorista", dixo a vicecanceler de Venezuela, Delcy Rodríguez.

O embaixador de Venezuela en Washington, Bernardo Alvarez, informou pola súa parte que a evidencia presentada ao Departamento de Estado demostra a c
ulpabilidade de Posada Carriles no atentado con bomba contra un avión cubano no que morreron 73 personas, en 1976.

"Esperamos que o goberno de Estados Unidos faga todas as dilixencias para que o proceso de extradición de Posada Carriles comece inmediatamente", dixo Alvarez, quen esta tarde ten unha reunión co secretario de Estado adxunto para o Hemisferio Occidental, Roger Noriega.

O embaixador asegurou ademais que o xuizo contra Posada Carriles estará a cargo da xustiza e se lle recoñecerán todos os seus dereitos, incluido o debido proceso.

"A diferenza dos detidos en Guantánamo, aquí hai unha causa xudicial aberta" que garantiza un proceso xusto e imparcial, engadiu, en referencia ás máis de 500 personas que Estados Unidos ten prisioneiras na súa base naval en Cuba.

A vicecanceler, que calificou a Posada Carriles como un "connotado terrorista", solicitou á administración Bush facer "prevalecer a solicitude de extradición por riba de calquera causa que teña por violación ás leis migratorias".

Posada Carriles foi arrestado o 17 de maio polas autoridades migratorias de Estados Unidos, que o procesaron por haber ingresado ilegalmente no país en marzo.

O abogado José Pertierra, quen asesora no caso ao goberno venezolano, indicou que esta causa aberta non ten por que ser un obstáculo para a extradición, xa que o Tratado de Extradición bilateral no que se basea o pedido prevalece sobre unha violación á lei migratoria.

"Entregamos suficiente evidencia da participación de este señor na voladura do avión, incluido un documento da Agencia Central de Intelixencia (CIA) desclasificado recentemente en que Posada Carriles anuncia días antes do atentado que van a volar un avión cubano", asegurou a vicecanceler.

A solicitude de extradición acompañada polo expediente e a evidencia foi entregada en inglés e en español. O volume en inglés ten 520 páxinas.

"Normalmente preséntase a solicitude de extradición e despois se entrega a documentación que requira o país. Pero aquí presentamos todo de antemán", dixo o embaixador venezolano.

"Cumprimos cunha rigurosidade extrema", dixo a vicecanceler. "Non existe un só caso de extradición de Venezuela ou de Estados Unidos onde se chegara a estos extremos".

Estados Unidos rexeitou a solicitude de detención con fins de extradición de Posada Carriles, que fora presentada o 13 de maio polo goberno do presidente Hugo Chávez, co argumento de que non estaba acompañada por evidencia probatoria suficiente.

O abogado dixo que o procedemento que segue agora é que a secretaria de Estado norteamericana, Condoleezza Rice, debe pedir á xustiza federal que analise o pedido de extradición.

"O xuíz federal debe determinar só duas cousas: se hai efectivamente unha orde de arresto emitida por Venezuela, que a hai, e considerar se o delicto polo cal se pide a súa extradición está incluido no Tratado de Extradición, que é homicidio e que está contemplado", explicou Pertierra.

"É o único que debe determinar o xuíz. Non se lle gusta ou non lle gusta o sistema xudicial venezolano. Non se lle gusta ou non lle gusta Chávez", aclarou o abogado.

Ante a pregunta de que medidas tomaría Caracas no caso de que Washington non responda ao pedido, Pertierra preguntou: "Pregúntome que faría Estados Unidos se Pakistán toma prisioneiro a Osama bin Laden e no lugar de extraditalo para que o xulguen polas Torres Xemelgas, o enxuizan por ingresar a cabalo sen pasar por migración".


Voltar a novas

Ver anteriores