|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
que xoga Ricardo García Borregón?
Redacción,
21 de maio
2005. Rechamante
atitude do concelleiro do PP ante a compostaxe. ADEGA-Compostela
amosar a súa estupefacción coas propostas do
concelleiro compostelano do PP, Ricardo García Borregón
no que fai referencia á compostaxe e a xestión dos
Resíduos Sólidos Urbanos (RSU) na capital de
Galiza.
ADEGA-Compostela
gostaría de que o citado concelleiro explicase máis
polo miúdo a súa curiosa alternativa.
Recentemente,
o concelleiro García Borregón (que hai uns meses se
destacou —xunto co alcalde Sánchez Bugallo—
pola súa forte implicación na campaña de
intoxicación contra a compostaxe) ven de facer unha
rechamante proposta de criazón en Compostela dunha planta
piloto de compostaxe na que SOGAMA elaboraría compost de
cualidade. A proposta, ademais de contraditoria coa atitude de
García Borregón e o PP con respeito á
compostaxe, non deixa de ser difícil de comprender, polo
que ADEGA-Compostela reclama do concelleiro que aprofunde na
explicación dunha iniciativa que, de ser levada adiante,
suporía un boicote de SOGAMA a sí mesma.
Compostar
a materia orgánica xerada dentro dos límites
municipais da capital galega suporía necesariamente mudar
tanto o sistema de recollida dos RSU como as campañas de
sensibilización para a separación destes resíduos,
e máis se o que se pretende é obter un compost de
cualidade. O sistema SOGAMA utiliza a que chaman "bolsa
negra", o contentor verde, como lugar onde deitar non só
a materia orgánica, senón todo aquilo que non vai
nos demais contentores ou ofereza dúbidas. Pensa realmente
García Borregón que do que se recolle no contentores
verdes do noso Concello se pode obter compost e ademais de alta
cualidade?
Se unha das falsidades/excusas lanzadas desde PP
e PSOE contra a compostaxe era a do maior custe económico
desta, non suporía esta planta piloto unha suba aínda
maior das taxas? Se unha das intoxicacións soltadas contra
o sistema de compostaxe levado adiante na planta de Lousame foi a
de que alí non se procedía a unha xestión
integral dos RSU, a conta de qué se propón agora un
sistema que si é parcial no tratamento do lixo? Se SOGAMA
cumpre de ter os seus fornos a pleno rendimento, qué lle
suporía non receber a metade, ou máis, dos RSU
xerados en Compostela?
PP e PSOE optaron —coa
intoxicación como arma e sen diálogo social, nun
proceso escuro e escasamente democrático— polo
sistema ecoloxicamente insustentábel e socialmente inxusto
de SOGAMA. Ames e Rois deixáronos en evidencia decidindo
tratar os seus RSU através do sistema da Mancomunidade de
Municipios da Serra do Barbanza. Ambas forzas políticas
aínda están a tempo de rectificar, tamén no
referido á impresentábel ubicación da planta
de transferencia en Formarís, pero por favor, sen xogar a
confundir. De faceren propostas, os nosos gobernantes deberíanse
exixir a sí mesmos un pouco de seriedade.
 Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|