|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
Comarca da Coruña celebra o Día das Mulleres
Antimilitaristas
Redacción,
21 de maio
2005. O
24 de maio a Macha Mundial das Mulleres convoca unha Concentración
no Obelisto da cidade Herculina o martes 24 de maio ás
20.00h.
En 1981, os debates entre mulleres europeas
activistas pola paz, puxeron en marcha un Plano para facer un Día
de Mulleres pola Paz e o Desarme.Desde a Marcha Mundial das
Mulleres (MMM), queremos reivindicar unha vez máis unha
reforma das relacións internacionais que permita a
resolución dos conflictos sen o uso da violencia. Pedimos
unha nova reformulación da ONU para que se converta de
verdade nun ponto de encontro de todos os pobos do mundo para o
dialogo e a colaboración.
Reivindicamos
políticas de desarme porque somos conscientes que todo o
investimento na industria armamentística, o mantemento dos
exércitos e todas as accións bélicas que se
desenvolven no planeta, son recursos que se rouban á loita
contra a pobreza e non fan máis que aumentar as situación
de violencia contra as mulleres en todo o mundo.
Segundo
Amnistía Internacional, o número de mulleres
víctimas dos conflictos armados pasou do 5% durante a I
Guerra Mundial, para ser o 50% durante a II Guerra Mundial e case
o 80%, durante os anos 90.
Na Carta Mundial das Mulleres
para a Humanidade, aprobada o 10 de decembro de 2004, no
transcurso do V Encontro Internacional da MMM celebrado en
Kigali-Ruanda, a delegación galega, en nome de todas as
feministas da Galiza, comprometímosnos, entre outros
obxectivos, a facer un chamamento para, desde a Galiza,
transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións
internacionais existentes e convertelas en relacións
baseadas na igualdade, na paz, na liberdade, na solidariedade e na
xustiza.
Por
todo isto non podemos máis que opornos ao Desfile Militar
que está previsto para o próximo domingo 29 de maio
na Coruña. Desde a MMM somos totalmente contrarias as
exaltacións militaristas de guerra e destrucción e
consideramos un insulto a todas as víctimas das guerras as
exaltacións armamentísticas deste tipo.
 Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|