ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*
Quintana insta a Fraga a restituír o diñeiro pagado a “specials events” e afirma que “sempre que Galiza sofre unha desgraza, o PP saca tallada”

Redacción, 21 de maio 2005.Pasou co Prestige e agora se descobre que tamén pasou durante a crise das vacas tolas”.
O candidato nacionalista subliña a necesidade dun cambio galego que implique rexeneración democrática
.

Anxo Quintana criticou na tarde de onte o “último exemplo de corrupción institucional” protagonizado polo Partido Popular, que non reparou en contratar unha empresa que ten o seu domicilio nun paraíso fiscal para “limpar a imaxe da terneira galega” deteriorada pola propia xestión da Xunta durante a crise das vacas tolas. “Sempre que Galiza sofre unha desgraza o PP saca tallada, pasou co Prestige e agora descóbrese que pasou tamén na crise das vacas tolas”.

Quintana criticou esta actitude do Partido Popular e instou a Fraga a “restituír o diñeiro pagado a esta empresa” porque non é suficiente limitarse a anunciar que non se volverán contratar os seus servizos, salientou en declaracións aos xornalistas ao inicio dun acto en Vigo no que se presentaron as propostas nacionalistas para a rexeneración democrática do País.

O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, salientou que a rexeneración democrática é un pear básico do cambio galego e comprometeuse a que “o executivo estea ao servizo do lexislativo”. Para iso “é necesario que o presidente da Xunta compareza en todas as sesións de control do parlamento para someterse ás súas preguntas”.

Quitana fixo público este compromiso nun acto celebrado en Vigo, no que presentou as popostas do BNG para contribuír á rexeneración democrática da política galega. “Hai que rematar co tempo de que dar explicacións na cámara é considerado como un favor aos cidadáns, ao contrario, é unha obriga democrática á que me comprometo”.

O candidato nacionalista salientou a necesidade de realizar debates nos meios de comunicación públicos e, neste sentido, anunciou que o futuro goberno que aspira a presidir establecerá un mínimo de dous debates, ao inicio e final de cada período de sesións; igualmente, levará a normalidade democrática á celebración dun debate entre candidatos en período eleitoral.

NOVO MODELO DE CRTVG

O líder nacionalista explicou que o BNG está a prol de propiciar un novo modelo de medios públicos de comunicación, recollendo a iniciativa popular a este respeito, e co obxectivo de que a CRTVG “deixe de ser un medio gubernamental para pórse ao servizo da transparencia e do pluralismo”. Quintana xa adiantou que como presidente da Xunta renunciará á prerrogativa de nomear ao director da CRTVG e que trasladará esa potestade ao parlamento para que sexa designado por consenso.


Voltar a novas

Ver anteriores