ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana: “o BNG liderou a oposición ao longo destes anos e agora estamos preparados para liderar o novo goberno”

Redacción, 21 de maio 2005. Teño a ilusión de contribuír á transformación positiva do Estado español dende a Presidencia da Xunta”

O portavoz nacional do BNG e candidato á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, salientou, durante a entrevista no programa Los Desayunos de TVE, que o BNG “liderou a oposición ao longo destes anos é agora está preparado para liderar o novo Goberno que saía do 19 de xuño”.

O líder nacionalista asegurou que chegou o momento “de deixar atrás o clientelismo” que caracterizou a etapa de Goberno de Fraga para ser substituído “pola transparencia,  a claridade na xestión e unhas institucións ao servizo dos cidadáns”. O candidato do BNG salientou que “estamos ante unhas eleccións galegas”, algo que non parecen entender nin o PP, “cun candidato enmascarado, que se agocha tras o telón”, nin o PSOE. “Non podemos permitir que Galiza sexa convertida nun escenario no que PP e PSOE midan quen está máis perto de d’A Moncloa”.

En relación ao debate territorial, Quintana amosa a súa disposición e “ilusión de contribuír á transformación positiva do Estado español dende a Presidencia da Xunta”, tras salientar que o BNG “non é independentista” e que pretende que Galiza “teña o poder político que lle corresponde como nación” pero dentro dun Estado plurinacional

Neste sentido, criticou a cultura política antinacionalista promovida durante os oito anos de Goberno de Aznar, “que desgrazadamente foi compartida en algún momento polo PSOE”, e que agora obriga a un labor pedagóxico que parte da concepción das cuestións nacionais “non como un problema senón como unha oportunidade”.

Quintana cualificou ao PP de “forza política inútil” para Galiza, porque non é capaz de dialogar para chegar a acordos en beneficio do país como quedou demostrado no recente debate no Congreso. É o momento, asegurou, “da cordura e da sensatez” e de abandonar a propaganda da que “os galegos están cansos”.


Voltar a novas

Ver anteriores