|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Psoe
e PP seguen na súa loita por ver quen gasta máis
cartos na campaña
Editorial,
21 de maio
2005.
Onte
puidemos asistir a un novo enfrontamento entre o PP e o Psoe a ver
quen ten máis cartos ou a ver que gasta máis na
campaña. Coma nos mellores momentos do PP onte observamos
polas cidades do país un derroche de recursos por parte de
uns e de outros por parte do PP e por parte do Psoe.
Os
primeiros, o PP, están abocados ao fracaso nestas
eleccións, sábense perdedores e polo tanto recurren
ao único que poden ofrecer, imaxe (ou cara dura). Un
camión despregable a modo de oficina-escenario apaercia
onte pola prazas máis concurridas e coma se os votos se
cambiasen por camisolas, ala a regalalas que a xente é
parva!
Os segundos, os do Psoe, aspiran a liderar o
“cambio”, e saben que os nacionalistas o teñen
máis facil (parten de segundos e aínda que co mesmo
nº de escanos, os do BNG obtiveron máis votos nas do
2001), polo que recurren ao mesmo que os do PP, montan un circo na
mesma praza onde se asentou o PP e ala con música paiasos
zancudos camisolas e até fogos artificiais póñense
a regalar camisolas coma os do PP. (outros que pensan que a xente
é parva)
En fin onte asistimos a un espectáculo
lamentábel de derroche de cartos (de procedencia incerta,
curioso que uns gobernen galiza e outros o Estado...)
A
cidadanía debe de estar preparada ante estes lavados de
cara de uns e de outros. O voto señores do PP e do Psoe
vale máis que un ridiculo espectáculo de regalo de
camisolas, por moito paiaso que se teña contratado:
Ante
esto só cabe unha análise o voto para algúns
(PP, Psoe, curioso que os dous sexan partidos estatais) comprase e
polo tanto tamén se vende, que triste se pretenda gañar
unhas eleccións regalando camisolas á ultima hora
cando se estivo toda unha lexislatura mirando para outra parte e
facendo un goberno/oposición lamentábeis.
Por
sorte na Galiza temos proxectos políticos propios, agora
tocanos a nós confiar neles para que se o 19-x se produce
un cambio que sexa un cambio galego, un cambio en clave de país.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|