ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Aymerich afirma que a “deriva estremista” de Rajoy abochorna a moitos dos votantes do PP e advírtelle que a maioría dos galegos queren outro papel para Galiza no Estado

Redacción, 21 de maio 2005. O candidato nº 3 pola provincia de A Coruña, Carlos Aymerich, considera que a “deriva estremista” de Rajoy está a abochornar mesmo a moitos dos votantes do PP e explicou que o problema non é que estea en perigo a unidade de España –“que só está en perigo na mente dos señores Rajoy, Acebes e Fraga”- senón a pervivencia de Galiza como pobo diferenciado e a defensa do benestar dos seus cidadáns.

Aymerich advertiu ao presidente do PP que a maioría dos galegos queren outro papel no Estado e que os seus níveis de benestar sexan iguais aos do resto de España. “O problema non é que España deixe de ser España –dixo- o problema é que Galiza comece a ser Galiza”.

Para o candidato nacionalista, na sociedade galega hai xa unha “maioría tranquila pero firme” que ten claro que o País debe xogar outro papel en Madrid, “que está farta de ser permanentemente ignorada”.

Neste sentido, engadiu que se trata de que Galiza teña o mesmo estatus que teñen Euskadi e Catalunya, “pero que se tranquilice o señor Rajoy, porque isto non atenta contra España, España continuará a estar onde está”.


Voltar a novas

Ver anteriores