ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
José Ramón Ariño, xefe de Peche de 'El País', falará dos retos actuais do xornalismo na Aula de Prensa


Redacción 20 de marzo 2006 O xefe de Peche da sección de Madrid do xornal El País intervirá o xoves 23 de marzo, ás 20.00 horas na Aula de Prensa que organiza conxuntamente a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza.

Despois de que a directora e presentadora de Ruedo Ibérico, de Antena 3, Montserrat Domínguez, abrise o pasado 3 de febreiro as actividades da Aula de Prensa, éstas terán continuidade no vindeiro mes de marzo coa presenza no Centro Universitario de Riazor (antiga Escola de Empresariais) do xornalista de El País José Ramón Ariño Rodríguez, membro fundacional do equipo que creou este xornal no ano 1976, que falará sobre os retos actuais do xornalismo escrito, sobre todo na súa relación con outros medios, como Internet ou a aparición dos periódicos gratuítos.

Ariño, asturiano nacido en Oviedo pero criado en Vegadeo, graduouse en Xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid e, posteriormente obtivo a licenciatura de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Entrou a traballar en El País no ano da súa fundación onde estivo no servizo de Documentación e, posteriormente, nas seccións de Edición e Mesa de Redacción, que é o grupo de redactores que, ás ordes do redactor xefe coordina o traballo das seccións e das doce edicións rexionais do xornal. Actualmente, é xefe da sección de Peche da redacción de noite de Madrid. Ten escritos artigos de viaxes, aire libre e críticas de libros nas páxinas de El País, así como varios capítulos da Guía de Asturias, editada por Aguilar.

A Universidade da Coruña e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza comezaron a súa colaboración na organización de actividades culturais o pasado curso académico 2004-2005 cunha conferencia de Jon Sistiaga.

Voltar a novas

Ver anteriores