|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Aymerich
insta ao PP a discutir sobre ‘como dotamos ao país de
mellores ferramentas políticas’ e non ‘acerca
de como nos sentamos na mesa’
Redacción
21 de febreiro 2006
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos
Aymerich, dixo este mediodía, após a reunión
cos portavoces de PSdeG e PP que “hai un tempo para cada
cousa” e advertíu que o tempo para iniciar o proceso
formal de reforma do Estatuto Galego “xa se nos vai
esgotando”.
O nacionalista opinou que “non é
unha boa imaxe a que se está a trasladar á opinión
pública cando en vez de estarmos discutindo acerca de como
dotamos a este país de mellores ferramentas políticas
e financeiras para resolver os seus problemas o que fan algúns
–en alusión ao PP- é discutir acerca de como
nos sentamos, como vai ser a mesa, que cadeira quero para min e
cal para os outros”.
Para Carlos Aymerich é
evidente que “ficamos emprazados xa a seguir falando, pero
sobre todo a tomar unha decisión e esta semana vai chegar o
momento de tomala”.
Neste sentido, o portavoz do BNG
insistíu en que a determinación debe tomarse, “se
pode ser, co concurso de todos” pero advertíu de que,
de non ser asi, “na Cámara hai unha maioría
que é a que sustenta o goberno que será a que
decida, en última instancia, cal é o formato da
comisión e da ponencia e cando empezamos os
traballos”.
Con respeito á proposta do Partido
Popular de criar unha comisión específica, Aymerich
lembrou que, malia os informes xurídicos apresentados polo
PP, o regulamento deixa moi claro cales son as comisións
lexislativas, aínda que aclarou que o BNG non pensa facer
diso “un obstáculo insalvábel” e lembrou
que ésa era, inicialmente, a proposta do Bloque.
O
parlamentar aclarou, malia isto que “o que está claro
e no que coincidimos é en que hai que crear unha ponencia e
os perecedentes din que sempre houbo representación
paritaria dos grupos con voto ponderado”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|