|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
denuncia o perigo de “marbellización” da costa
galega
Redacción
20 de decembro 2005
“Mais de 60 alcaldes
da Mariña están a solicitar a recalificación
de terrenos para os transformar en urbanizables”,
“pensemos no desastre urbanístico de Sada, ou
no de Sanxenxo. Iso xa non ten remedio”. A través dun
comuse está a dar, anicado
a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA),
lanza a voz de alarma sobre a especulación urbanística
que o
seu ver, na costa galega.
Reproducimos o comunicado íntegro
a continuación:
Estamos
a receber múltiplos sinais de alarma acerca do desembarco,
no noso País das maiores inmobiliarias do estado español:
Metrovacesa (costa de Vigo), Valery Karpin (A Guarda), Lábaro
Grupo Inmobiliario (Costa da Morte), Florentino Pérez (A
Mariña Luguesa), FADESA, Promodeico, etc... Agora que a
costa mediterranea esá saturada, que as Comunidades
Europeas enviaron un apercibimento ao estado español pola
permisibidade e impunidade con que actúan os grupos
inmobiliarios en Valencia, ao abeiro da figura do Axente
Urbanizador que en Galiza toma o nome de Sistema de Actuación
por Xeneración de Obra Urbanizada, estes están a
comezar o seu desembarco en Galiza. Mais de 60 alcaldes da
Mariña están a solicitar a recalificación de
terrenos para os transformar en urbanizables. Muitos deses están
sob a proteción da Rede Natura 2000. As urbanizacións
que xa están a encher a paisaxe dunha maneira
descontrolada, provocan un impacto ambiental grande e
irreversivel. Na maioria dos casos non teñen depuración
de augas e verten aos rios (S. Martiño de Guillar, Outeiro
de Rei, p.ex.). Nos bloques de apartamentos da costa aglomérase
unha povoación en temporada de verao que produce un grande
desequilibrio no abastecemento de augas e na produción de
residuos (augas e lixo). Véndese a primeira liña de
praia, a base de construir case enriba do mar e logo, para atender
ás necesidades de lecer (da pesca esquezámonos)
énchese a beira de cimento roubándolle terreno ao
mar e trabando as suas posibilidades de autodepuración.
Pensemos no desastre urbanístico de Sada, ou no de
Sanxenxo. Iso xa non ten remedio.
É
mui preocupante, os altos níveis de contaminación
que esa aglomeración provoca nas augas costeiras.
Nomeadamente nas rias. Estas son ecosistemas de dificil renovación
de augas. A hidrodinámica propia das rias o dificulta. Son
polo tanto ecosistemas sensibles e vulnearaveis. Recentemente
houbo unha chamada de atención desde a Unión
Europea, acerca do estado das augas da ria de Vigo, que as
facían non aptas para producir especies comercializadas
para consumo humano, coa consecuente perda ecónomica e de
mercados que na actualidade está xa consolidada co mexilón
galego. ¿Qué estamos a
facer das nosas riquezas?. Perdemos a riqueza da nosa paisaxe, a
limpeza das nosas augas e a vida nelas, a limpeza do noso ar, a
dos nosos montes e dos nosos rios. ¿De que vamos vivir os
galegos cando xa non produzan as rias, nen o noso mar?
Temos
que esixir que os espacios protexidos na lexislación
europea –Rede Natura 2000- continuen a selo e mesmo se
amplíen a outros, xa que Galiza é un dos territorios
con menor superficie protexida dentro da Rede Natura de todo o
estado. Doutra maneira estaremos matando a nosa galiña dos
ovos de ouro.
Lugo,
19 de decembro de 2005. Adela Figueroa Panisse, presidenta de
ADEGA
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|