|
|
|||
|
Publicidade |
· A transferencia da competencia en materia de Bolsas para a Xunta de Galiza como unha das materias pendentes que o Estado ten co noso País, tendo en conta o debate competencial xerado neste último tempo. Isto posibilitaria que o cobro da bolsa por parte da ou do estudante se faga neses tres primeiros meses do curso xa que é neste periodo onde o estudante ten que facer fronte aos gastos de matrícula etc, como ocorre noutras latitudes como en Euskadi sen ter que agardar polos trámites burocráticos do Estado. Isto á súa vez permitiría que se puidese facer unha nova bolsa Galega de Axuda ao Estudo para adaptarse á situación específica do Estudantado galego. · Tamen a transferencia da competencia en materia de bolsas posibilitaria criar a nova bolsa de axuda ao estudo, tendo en conta os seguintes aspeitos: - Primacía de criterios economicos sobre académicos e non como ocorre a día de hoxe, xa que se é unha axuda ao estudo teríase que dar en función dos ingresos e non en función de suspender unha porcentaxe determinada de materias, xa que se podería dar o caso que suspendendo só unha materia do curso académico se sobrepasase o número de créditos para a concesión da bolsa. - Modificación dos baremos de renda, das profisións e das implicacións do Imposto de Bens e Inmóbeis. Poderíamos asi adaptar os criterios á realidade específica galega como son a situación das parcelas en Galiza etc. - Aumento da contía das bolsas xa que no último tempo mentres as taxas sufriron un aumento progresivo cada ano, o goberno mantivo as bolsas na súa contía. Ademaís os CAF reinvindican unha serie de axudas ao estudo para determinados estudos aos cais o goberno se ten negado nos últimos anos: - Para estudantes do CAP xa que é un curso de didacticas pedágoxicas que non se ofertan na carreira e que é obrigatoria no caso de se querer apresentar a unha oposición. - Para os estudantes do MIR que rematan medicina e teñen que preparar a especialidade. - Para os estudantes dunha 2ª carreira universitaria. 3. RESIDENCIAS: · Os CAF reinvindican o aumento das prazas nas residencias universitarias en todos os campus até chegar a un 10% dos e das matriculados/as (residencias públicas en Ferrol e na Coruña, reapertura do Monte do Gozo.) Os CAF ante esta situación e ante a negativa da Conselleira de Educación de recibilos optan por convocar un Paro Xeral o mércores con concentracións nas sete cidades: Santiago de Compostela ás12:30 diante do Parlamento galego; A Coruña ás 12:30 diante da Rotonda de Elviña; Vigo ás12:00 diante do Centro comercial no Campus Universitario; Pontevedra,
Lugo e Ourense nas delegacións da Consellería de
Educación. |
|
|