ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

* Xa á venda a reedición do disco Os Soños na Gaiola de Suso Vaamonde

Chuza! esta nova!
Redacción 20 de novembro de 2006 Dentro das iniciativas levadas a cabo na Homenaxe Nacional ao Poeta Manuel María pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a MESA pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, veuse de reeditar e de sacar á venda o disco Os soños na Gaiola, con voz e música de Suso Vaamonde e letra de Manuel María

Esta reedición acompañada de dúas unidades didácticas, unha de música e outra de lingua, dirixidas á eduacación infantil e primaria, servirán de ferramenta á hora de traballar nas aulas cos poemas musicados do poeta chairego.

Estas dúas unidades mostran diferentes actividades didácticas que se poden levara a cabo no eido da música e da lingua, en referencia aos poemas do noso Poeta, é seguro que quedan moitas no tinteiro, pero esats pódense utilizar como punto de partida para o traballo diario cos nosos nenos e nenas.

INFÓRMATE AQUI DE COMO CONSEGUIR O CD

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade: