|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Tempos
Novos exixe a paralización das obras de Fraga City (Cidade
da Cultura)
Redacción
20 de outubro 2005
“O
proxecto faraónico de Fraga está poñéndose
en marcha ante o silenzo culpable de case todos” (TEMPOS
NOVOS Nº 48 · maio
2001).
En
maio de 2001 a revista TEMPOS
NOVOS publicou 34 páxinas de
información, análise e valoración crítica
do proxecto co título de portada:
FRAGA
CITY O proxecto faraónico e a cultura da
subsistencia.
No
editorial “unha cidade moi particular”, a dirección
de TN denunciou xa daquela o silenzo culpábel da
intelectualidade, dos partidos da oposición e dos outros
medios de comunicación, ademáis de criticar con
dureza o proxecto personalista –“nese santuario
descansará o réxime todas as súas angurias
culturais”, afirmaba- que por mor da súa ampulosidade
colocaría á cultura galega de base contra as
cordas.
Outubro
de 2005
FRAGA
CITY converteuse nun escándalo social cando xa non ten
remedio e a obra do Gaiás sobrepasa todas as medidas e
todos os costes posíbeis. Protestan os intelectuais e os
medios que daquela calaron porque estaban baixo a protección
de Fraga. E protestan os empresarios que daquela miraban para
outra parte.
TEMPOS
NOVOS esixe, coa forza moral que lle dá o seu
compromiso de sempre coa verdade e co país, que paren a
obra e se debata entre expertos multidisciplinares como facela
socialmente útil.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|