|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Concerto
de presentación do novo disco de Pepe Vaamonde
Grupo
Redacción
20 de outubro 2005
Hoxe ás 22:00 h. na Sala Nasa de Compostela
presentase o novo disco de Pepe
Vaamonde Grupo, Onde nace o vento. O
Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é unha banda folk galega formada
por cinco compoñentes: Pepe Vaamonde, Nacho Tobío,
Pipo Alvariño, Xesús Vidal e Andrés Vilán.
Pepe naceu en Visantoña (A Coruña) no ano 1971
e, ademais de responsable das gaitas e frautas que soan nos temas
da formación, é o autor da maior parte das súas
composicións. Como gaiteiro foi, durante a década
dos 90, o máis galardoado en concursos e certames de gaita
de toda Galiza.
O novo
traballo discográfico do quinteto folk Pepe Vaamonde Grupo
(Onde nace o vento), que está a ser presentado
durante o mes de outubro en diversas cidades galegas, está
inspirado na forza do vento galaico que impulsa aos compoñentes
da banda en todas as composicións.
Tras a primeira
experiencia musical da formación (Aviouga) na que a
protagonista indiscutible era a auga, o quintento profundiza agora
noutro dos elementos da natureza en busca da inspiración
necesaria para as súas composicións. Nesta nova
aventura musical o vento convírtese no elemento vertebrador
das guitarras de Pipo Alvariño e os baixos de Xesús
Vidal, dá corpo ás percusións de Andrés
Vilán e fai soar, con máis intensidade que nunca, as
gaitas e frautas de Pepe Vaamonde e o acordeón de Nacho
Tobío.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|